Site icon Crónica3.com A Mariña

Líder e colista mediranse na décimo terceira xornada da Liga de Veteranos de Viveiro

Gato Pardo continúa como líder indiscutible da Liga de fútbol sala de Veteranos de Viveiro tras gañar os 12 partidos da tempada. Punto Galego -con 2 partidos gañados menos- ségueo por detrás con 30 puntos -dous máis que Joyeros, protagonista da goleada da xornada tras gañar por 12 a 3 ó Soho.

Precisamente na vindeira semana se medirán entre si o segundo e terceiro clasificado da liga; mentres que o líder se medirá ao Lodeiro que pecha a clasificación cun só punto.

Resultados da 12ª xornada:
Gato Pardo 7 – 4 A Curva
O Recuncho 2 – 4 O Mesón
Forum 2 – 4 Os Arcos

Joyeros 12 – 3 Soho
Flanagans 2 – 3 A Fonte
Temple 1 – 7 Punto Galego
Cofipesca 5 – 2 Lodeiro

Enfrontamentos da 13ª xornada:
– A Fonte – O Recuncho: luns 27 de xaneiro, ás 20.30 horas.
– Punto Galego – Joyeros: luns 27 de xaneiro, ás 21.15 horas.
– Soho – Cofipesca: luns 27 de xaneiro, ás 22.00 horas.

– Os Arcos – Temple: xoves 30 de xaneiro, ás 20.30 horas.
– O Mesón – Forum: xoves 30 de xaneiro, ás 21.15 horas.
– Lodeiro – Gato Pardo: xoves 30 de xaneiro, ás 22.00 horas.
– A Curva – Flanagans: xoves 30 de xaneiro, ás 22.45 horas.

Exit mobile version