Site icon Crónica3.com A Mariña

Localizada en Rinlo a bicicleta do ribadense de 34 anos que un importante dispositivo busca por terra, mar e aire

Ribadeo, 27 de xaneiro de 2014. En Rinlo foi localizada a bicicleta do veciño de Ribadeo de 34 anos ao que un importante dispositivo busca por terra, mar e aire desde onte, momento no se denunciou a súa desaparición. Así o confirmou o alcalde, Fernando Suárez Barcia, na mañá deste luns.

O rexedor dixo que “en relación coa desaparición dese veciño de Ribadeo, denunciada no día de onte, despregouse un importante dispositivo de busca, de rastreo, con presenza de Protección Civil, da Garda Civil, da Policía Local, de bombeiros de Asturias, de Galicia, de helicópteros tamén. Este operativo suspendeuse onte á noite e reanudouse esta mañá”.

O alcalde de Ribadeo declaraba a media mañá de hoxe que “hai uns minutos os voluntarios de Protección Civil confirmáronme que se atopou a bicicleta deste rapaz, á altura da parroquia de Rinlo e é aí onde se centran agora todas estas labores de busca tentando localizar a esta persoa, aínda que co forte temporal que hai no mar, con grandes ondas, dificúltase a súa busca”.

Suárez Barcia engadiu que “ditas tarefas seguirán ao longo da xornada de hoxe tentando localizar a esta persoa. Estamos esperando noticias positivas, porque para as malas sempre hai tempo”.

Exit mobile version