Esta xa é a 3ª xornada de reforestación que se realiza en colaboración ca Comunidade de Montes de San Roque, o Servizo Forestal, Autobuses de Vivero e os colexios da vila.
Os rapaces recibirán unha charla educativa durante a xornada de reforestación da man dun axente do Servizo Forestal. Nesta charla explícaselles a importancia de manter a flora e a fauna do noso entorno, con tódolos beneficios que elo conleva. Aprenden a diferenzar distintas especies autóctonas, e que función desempeña cada parte do abeto que eles mesmos van a plantar. Ó finalizar reciben un diploma acreditativo da realización da xornada.
O obxetivo é a sensibilización de cara ó respecto polo medio ambiente e a interacción ca natureza, e sobre todo “a vida” que se lles dá ás arbores que adornan o Nadal.