Site icon Crónica3.com A Mariña

Minuto de silencio no IES Alfoz – Valadouro

minuto silencioEste venres ás 14:15 horas no IES Alfoz – Valadouro realizouse unha concentración en contra da violencia de xénero na que participaron tanto o alumnado, coma o profesorado e o persoal non docente do centro. Durante a concentración mantívose un minuto de silencio en memoria da mestra de relixión dos colexios de Alfoz e O Valadouro, mestra dos actuais alumnos e alumnas do instituto fai uns anos, e da súa nai, asasinadas esta semana no municipio de Cervo.

Exit mobile version