Site icon Crónica3.com A Mariña

Miscelánea focense. Leccións ó aire libre

Dos tempos do lonxano bacherelato coruñés, (hai uns 60 anos) lembramos con agarimo, e gratitude, as tardes dos xoves que, na compaña do profesor de literatura, , mestre inesquecible, saíamos polas entón aforas da cidade herculina, inmersas dende hai moito xa, na xeografía urbana, recibindo as explicacións de canto de interese se atopaba no percorrido: accidentes topográficos, lugares de resoancia na historia local, árbores, plantas, anécdotas e sempre a descripción brillante de quen era un lúcido literato e elocuente narrador.

Para os discípulos. aquela sería a tarefa para a vindeira crase na que cada alumno presentaría: un relato que describise canto aquela tarde se tratara; un traballo do que non só puntuaban os coñecementos adquiridos sobre o terreo, senon na mesma medida, a redacción en sí: o estilo, a beleza da linguaxe, o uso das imaxes e figuras literarias… e por suposto a ausencia obrigada de toda falta de ortografía. Él definía tal modalidade como “leccións ó aire libre”.

A lembranza das vellas vivencias acudían ó´noso maxín cando, na camiñada solitaria pola beiramar, ollábamos e liamos as inscripcións que sobre monolitos a xeito de atriles se espallan ó longo do litoral, dende a Rapadoira ata Llás, e que constituen tamén auténticas leccións ó aire libre, porque en todo caso, se á simple observancia da natureza, de tanto atractivo e interese, se engade a información é evidente a función didáctica que enriquece os coñecementos, resultas do labor realizado…. ”Ser capaz de apreciar a profunda beleza da natureza é unha das grandes ditas da vida” (Yogani).

Naturalmente o achego de información tan variada como se ofrece nos paneis da beiranar (flora e fauna – cos seus nomes científicos e populares-, a denominación de cada un dos accidentes naturais, as rochas e cantís, historias e lendas, naufraxios… ) esixe un entusiasta traballo de campo e de investigación que neste caso,, no seu día, levou a cabo Xesús do Breogán.O aire libre é tamén un bó marco para a aprendizaxe..

Suso Fernández
Publicado en: El Progreso, 27-11-07

Exit mobile version