Site icon Crónica3.com A Mariña

Nais e pais afectados polo Decreto de Comedores convocan unha concentración para este xoves

Nais e Pais do CEIP de Cervo afectados polo Decreto de Comedores convocan unha concentración o xoves 30 de xaneiro ás 16.30h diante do colexio para apoiar a seguinte reivindicación:

– Que as alunnas e alunnos transportad@s recuperen o dereito a comedor escolar, como servizo compensatorio, ao non dispor de escola no seu entorno.

– Unha redución da taxa de 4.50€ menú /día e que se adecue a un menú infantil colectivo.

– Que nº de prazas de comedor escolar se adapte a demanda de matriculación, como medida de apoio a conciliación laboral.

– Que o uso, financiado con fondos públicos, se extenda progresivamente a todo o alumnado.

Partimos de que o servizo de comedor escolar non é un negocio, é un servizo que a Administración xestiona con recursos propios e criterios sociais.

Ante este decreto, produciuse o rexeitamento da comunidade escolar informada do que supón eliminar a gratuidade do comedor escolar ao alumnado transportado, incrementar os prezos nunha media de máis do 40% nos comedores xestionados directamente pola Consellaría de Educación. Pola contra a Consellaría de Educación NON aproveitou a promulgación deste novo decreto para garantir a dotación de comedores escolares en todos os centros públicos, asumir a xestión directa con persoal específico dos mesmos, reafirmar a gratuidade do uso por parte do alumnado xa beneficiario e estendela paulatinamente ao resto do alumnado. A Conselleria de Educación non pode xustificar o cobro dos servizos educativos, cando está desviando fondos públicos (244,7 millóns €) a centros privados que non son da sua competencia.

Exit mobile version