Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Burela acusa ao PP local de ser cómplice co Goberno do Estado na suba das cotizacións á Seguridade Social das persoas autónomas

No pleno ordinario celebrado este xoves en Burela, o PP volveu posicionarse unha vez máis, do lado do Goberno do Estado e da Xunta de Galiza na súa ofensiva contra as maiorías socias, apoiando as novas medidas recadatorias postas en marcha por ambos os gobernos, que suporán a suba das cotizacións das persoas autónomas e unha nova suba do Servizo de Axuda no Fogar.

O Goberno do Estado vén de aprobar un considerábel incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con 10 ou máis persoas empregadas no último ano así como as persoas traballadoras autónomas incluídas neste réxime especial, que representa unha suba do 22%, case 60 euros ao mes. A consecuencia directa desta medida será afondar no estrangulamento económico ás persoas autónomas e a emprendedoras. Ademais, o efecto indirecto será a destrución de emprego neste tipo de unidades económicas ao forzar a que microempresas destas características contraten menos de 10 persoas.Por outra banda, tamén se produce un incremento da base mínima para persoas autónomas, que é a cotización maioritaria en Galiza, que provocará un incremento de máis de 60 euros ao ano para as mesmas. Todo isto pode provocar un mais que presumible aumento da economía sumerxida, outro dos grandes problemas na actual situación de crise.

O concelleiro do BNG, Mario Pillado, presentou unha moción para debate en pleno, para demandar do Goberno do Estado un posicionamento contrario a esta suba nas cotizacións para persoas autónomas e pequenas empresas, así como aprobar as reformas lexislativas necesarias de cara a promover unha reforma fiscal verdadeiramente progresiva, que grave ás grandes fortunas e grandes empresas, persiga a fraude fiscal e non incremente as cargas sobre as persoas autónomas e pequenas empresas.

En palabras de Pillado, “esta medida que ven de aplicar o Goberno ás persoas autónomas, non fará máis que empeorar a difícil situación pola que atravesa o pequeno comercio, as PEMES e as persoas autónomas, que día a día ven como teñen que soportar máis e máis cargas impositivas: a suba do IVE, o IAE, canon do lixo, luz… ao que hai que sumar a falta de crédito das entidades financeiras”. Nunha xuntanza celebrada o pasado mércores, o sector trasladoulle ao BNG a súa preocupación por esta suba das cotizacións que afectará ás persoas autónomas. Neste sentido, Mario Pillado lembrou que “a maior parte do comercio e do tecido empresarial que desenvolve a súa actividade en Burela, cotiza neste réxime á Seguridade Social, polo que será unha nova carga para moitos veciños e veciños que están nesta situación”. Por outra banda, demandou “medidas fiscais progresivas e políticas activas de emprego que favorezan a rendabilidade e competitividade do comercio local fronte ás grandes áreas comercias”.

Tamén se tratou neste pleno a modificación da ordenanza, tanto reguladora como fiscal, do Servizo de Axuda no Fogar, no que a concelleira de asuntos sociais, Diana Durán, tentou disfrazar de mero trámite de obrigado cumprimento baseado en leves cambios na redacción da normativa para adaptala ós decretos, o que na realidade vai ser unha perda de parte dos dereitos e dos servizos, amáis dunha suba das cotas a pagar polos usuarios. A modificación no tocante ás porcentaxes aplicables a capacidade económica dos usuarios aumenta non só en termos absolutos senón que elimina os niveis de necesidade de horas dentro de cada grao discriminando os intervalos horarios polo que na meirande parte dos casos o que teñan que pagar os usuarios verase aumentado. Ademáis disto o límite de copagamento do prezo/hora polo usuario pasa do 65 % ó 90%, o que tamén supón un recurte no servizo. “Dende que vostede está á fronte dos asuntos sociais en Burela, os usuarios do Servizo de Axuda no Fogar pagan mais por menos servizos” sentenzou o concelleiro nacionalista Mario Pillado a Diana Durán.

Pero se cadra o que mais chama a atención destegoberno do PP no concello de Burelasexa que xa de xeito continuado e nos decretos de cada pleno aparezan dietas tanto do señor alcalde como dos seus compañeiros no equipo de goberno. Non parece razoable que dada a situación que viven tódolos veciños da localidade Barcia cobre máis de 2000 euros en dietas entre o mes de setembro e decembro de 2013, ou que algúns dos concelleiros pase as dietas de tres en tres e pola mesma cantidade en cada mes. Mentres que non lles importa afundir á poboación con subas de impostos, cotas e recortes, como quedou demostrado neste pleno, sí que se preocupan por asegurarse ben o seu peto, cunhas cantidades que ó modo de ver do grupo municipal do BNG semellan desorbitadas e pouco razoables no contexto no que se producen.

Como nota agradable do pleno, cabe destacar que a moción presentada polo voceiro do BNG no concello, Mario Pillado Mon, acerca da declaración do 24 de Febreiro como día de Rosalía de Castro no concello de Burela, que foi aprobada por unanimidade, algo do que o BNG local se aleda moito, como deben facelo todolos burelaos e burelás, así como tódolos galegos e galegas.

Con todo, parece claro que o único cometido do goberno municipal do Partido Popular é someter ácidadanía aceptando tódalas medidas represivas que veñendende Madrid e Santiago, sennengún tipo de iniciativa propia como quedou demostrado neste último pleno, no que tódolos puntos da ordedo día eran ou de obrigado cumprimento ou cegados dende outras institucións. Nin sequera no apartado de mocións mostraron iniciativa ningunha máis que a de enmendar algunhas das mocións dos outros grupos. Do que si que se ocupan e preocupan é de cobrar as súas dietas, aínda que logo non se vexa xestión ningunha máis que a de acatar as ordes que lles chegan dos seus superiores.

Exit mobile version