Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG pídelle ao PP a dimisión do alcalde de Muras e o seu cese nos cargos da dirección provincial do partido

A Mariña, 28 de xaneiro de 2014. O BNG considera unha boa noticia que por fin a xustiza comeza a actuar con contundencia contra o alcalde Muras e a súa equipa de goberno, acostumados a actuar ao marxe ou no fío da legalidade na súa xestión á fronte do goberno municipal. Os nacionalistas demandan do Partido Popular exemplaridade cun alcalde imputado por delitos medio ambientais para o que a fiscalía pide seis anos de cárcere e a súa inhabilitación polo que lle reclaman á dirección provincial do PP en Lugo a dimisión do seu posto na alcaldía e o cese inmediato dos seus cargos na dirección provincial do partido onde exerce de vogal.

O BNG VEN DENUNCIANDO DENDE 2011 IRREGULARIDADES NA XESTIÓN DO ALCALDE DE MURAS
O BNG vende denunciando dende 2011, cando obtivo unha acta de representación na corporación municipal, as múltiples irregularidades cometidas polo alcalde de Muras e a súa equipa de goberno tanto en temas medio ambientais como noutros, como foi o caso das actuacións do alcalde na Aldea Etnográfica que ao noso parecer deberan ser xulgadas ao obter beneficios persoais aproveitándose da súa condición de alcalde.

Dende o BNG lembran que o pasado 3 de decembro puxeron en coñecemento público as “súas sospeitas” pola lentitude e falta de tramitación de determinados expedientes por denuncias contra o alcalde en actuacións contra a normativa medio ambiental.

RECLAMAN AO PARTIDO POPULAR UNHA ACTUACIÓN EXEMPLARIZANTE CUN ALCALDE AO QUE A FISCALÍA LLE RECLAMA SEIS ANOS DE CÁRCERE
O BNG mariñao reclámalle ao Partido Popular provincial a inmediata dimisión de Issam Alnagm como alcalde de Muras e a súa destitución do cargo que ostenta como vogal na dirección provincial do partido. “Non é de recibo que unha persoa como esta, imputada por delito medio ambiental para o que a fiscalía pide seis anos de cárcere, se manteña un día mais nos seus postos de representación”.

OBRAS ILEGAIS EXECUTADAS CON CARTOS PÚBLICOS EN BENEFICIO DE EMPRESAS PRIVADAS
O concello de Muras conta con importantes zonas incluídas na Rede Natura 2000 que compatibiliza coa instalación de numerosos parques eólicos que lle deixan importantes ingresos económicos ao concello.

O xuízo no que se lle pide ao alcalde e a dúas persoas que formaron parte do seu grupo de goberno remóntase a 2005 cando nunha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno municipal, aprobaron obras para executar un camiño de unión de dous parques eólicos no municipio saltándose a obriga de tramitar permisos da administración superior competente en zonas protexidas da Rede Natura 2000. O alcalde e o seu grupo de goberno aprobaron estas obras a executar polo propio concello cun orzamento de 42.000 euros que pagou o propio concello beneficiando ás empresas privadas que xestionaban estes dous parques.

Exit mobile version