Site icon Crónica3.com A Mariña

O Bordelo regala teatro por décimo sexto ano consecutivo

Un ano máis o grupo de teatro O Bordelo de Cervo cumprirá co seu compromiso teatral de agasallar na noite de Reis cunha estrea teatral tal como o leva facendo dende hai dezaséis anos.

Neste vindeiro domingo, día cinco de xaneiro, ás oito da tarde no Auditorio da Casa do Concello, o grupo cervense estreará un novo espectáculo que leva por título “A Fonte dos Soños”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro.

A nova comedia interpretada por Mª Paz Rodríguez Silva, Dolores Viamonte Rei, Xosé Manuel González-Copa, Antonio González –Patoso, Xosé-Vicente Mon e Francisco Piñeiro nace coa intención de que a ilusión da noite de Reis sexa transportada a tódolos veciños e visitantes ó longo do novo ano.

A pesares da apretada axenda que ó longo do ano desenvolve O Bordelo por escenarios galegos e asturianos, voltar á casa polo Nadal para cumprir con esta tradición teatral constitue unha das maiores satisfacións para tódolos seus compoñentes.

Exit mobile version