Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burgo de Trasbar entregou os premios do III Campionato de Tute

O local social de Trasbar acolleu unha cea o sábado 18 de xaneiro onde se entregaron os premios do III campionato de tute organizado pola asocición O Burgo de Trasbar.

O premio de consolación (parella con menos puntuación) foi para a parella formada por Ramón Díaz e Evaristo Fernández. Fixo entrega do trofeo o vogal Julio Lamelas.

O terceiro premio levárono Manolo Otero (que non puido asistir á cea) e Suso Teijeira. O premio entregouno o vogal José Ramón Alonso.

A parella que levou o segundo premio foi a formada por Eladio Rúa e Manolo de Torres. Mari Carmen Alonso, vicepresidenta da asociación foi quen fixo entrega do premio.

Os campións foron Rafael Díaz e Manolo Piñeiro e recibiron o premio de mans do presidente da asociación, Miguel Díaz.

A maiores, houbo un premio sorpresa para a única parella feminina inscrita nesta edición do campionato de tute, formada por Herminia Fernández e Geni Piñeiro.

Todos os premiados sacaron a foto de grupo xunto co presidente da asociación.

Exit mobile version