Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Ciclista Burela organiza a I Ruta BTT da Merluza o 2 de febreiro

OLYMPUS DIGITAL CAMERABurela, 17 de xaneiro de 2014. O salón de plenos acolleu a presentación da I Ruta BTT da merluza de Burela, que se desenvolverá o vindeiro 2 de febrero. Trátase da tradicional marcha ciclista que o Club Ciclista Burela leva organizando desde hai nove anos, pero que agora cambia de nome “debido á colaboración de Absa”, segundo explicaron esta mañá desde a organización do evento.

A I Ruta BTT da merluza de Burela ten un percorrido de 35 quilómetros cun desnivel de subida acumulado de 1.200 metros e discorre por sendeiros e camiños. Os interesados en participar poden inscribirse na páxina www.championchipnorte.es ou na tenda de bicicletas Burelabikes. O último día para anotarse será o 29 de xaneiro. Os prezos son: 15 euros para ciclistas federados e 27 euros para non federados. O Club Ciclista Burela agradeceulle ao Concello “a colaboración que nos ven prestando todos os anos poñendo á nosa disposición os medios que necesitamos para poder celebrar a marcha”.

No acto de presentación participaron o alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro, que lembraron que “o equipo de goberno a pesares de non ter concedido subvencións económicas nos últimas anos, sempre prestou a axuda que nos pediron que prestaramos. Agora recuperáronse as axudas e concedéronse todas as posibles, si ben é certo que nos gustaría dar máis, pero a situación económica é a que é”. Piñeiro engadiu que “nunca negaremos a axuda que desde o Concello poidamos prestar a para o correcto desenvolvemento de eventos deste tipo”.

Exit mobile version