Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña ve na decicións da Facenda española un xesto illado

Ante a nova aparecida este xoves en diferentes medios de que a Facenda española retiraba a sanción a un afectado en via administrativa, os afectados da Marinha mostrámonos contentos pero non satisfeitos. Non podemos estar satisfeitos posto que, aínda que é un paso cara adiante -logrado pola presión exercida polas diferentes plataformas aos Gobernos da Xunta e do Estado- de ninguna maneira é unha vitoria, xa que só consideraremos rematada a nosa loita reivindicativa cando conquiramos todos e cada un dos puntos esixidos.

Dende o Colectivo advertimos aos distintos Gobernos de que non imos deixarnos engaiolar, que temos claras as nosas demandas: ELIMINACIÓN DAS SANCIÓNS, DEVOLUCIÓN DOS CARTOS AOS AFECTADOS QUE XA AS PAGARON E MODIFICACIÓN DA LEI. Mentres estas non sexan escoitadas manterémonos na loita, conscientes de que a administración estatal –e por servilismo tamén a autonómica- vén difundindo noticias “tranquilizadoras” nos últimos tempos co único obxectivo de desmobilizar aos retornados e debilitar o tecido asociativo das plataformas de afectados, como aconteceu coa presunta “parálise temporal de sancións” anunciada pola conselleira de facenda, cando neses mesmos días varios mariñaos estaban a recibir as notificacións da Axencia Tributaria.

O vindeiro 14 de febrero todos os colectivos de retornados da Galiza demostraran a súa capacidade mobilizadora e reivindicativa diante das delegacións de Facenda no noso país. Nós farémolo en Foz, coa mesma vontade de sempre e sen dar nin un paso atrás até que vexamos restablecida a xustiza para cos emigrantes retornados.

Exit mobile version