Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz convoca o XIII Certame de Poemas de Amor, o máis antigo da comarca

Foz, 30 de xaneiro de 2014. O Concello de Foz, a través da biblioteca pública municipal Salgado Toimil, convoca a XIII edición do certame de poemas de amor, que é “o máis antigo da comarca”, destacou a bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez. O concurso conta co patrocinio de Restaurante Casa Damián e Viaxes Rodríguez.

As bases son as seguintes:

1) Poderán participar tódalas persoas que o desexen en tres modalidades : Infantil (ata 11 anos), Xuvenil (de 12 a 18 anos) e Adultos (de 19 en diante).

2) O tema será referente ao amor e ao Día de San Valentín.

3) A extensión máxima será dunha folla DIN-A4. Pode ser escrita a máquina, ordenador ou a man (en maiúsculas).

4) Os poemas presentaranse sen ningunha identificación exterior. Deberán acompañar ao poema un sobre pechado no que se introducirá : nome, apelidos, dirección completa, teléfono e a idade.

5) Os poemas presentaranse preferentemente en galego.

6) Os traballos entregaranse na Biblioteca Pública Municipal e o prazo de presentación será ata o día 24 de febreiro de 2014 e tamén a través de biblioteca@concellodefoz.es

7) Os premios por cada modalidade serán os seguintes:
1º e 2º Premio Infantil : Lote de libros máis agasallo
1º e 2º Premio xuvenil : 50€ e cea – 30€ e cea
1º e 2º Premio adultos : 100€ e noite de hotel – 60€ e cea
8) Os poemas pasarán a ser propiedade da Biblioteca Municipal e resérvase a face-lo uso que considere oportuno.

9) O fallo do xurado será anunciado a través de Radio Foz, prensa ou ben chamando ao 982.140675. A entrega de premios será nun acto a celebrar o día 15 de marzo ás 20:00 h. no Salón de Actos da Casa da Cultura

10) A participación no certame implica a aceptación destas bases.

Exit mobile version