Site icon Crónica3.com A Mariña

O CSI-F asegura que “Alcoa incumpre o convenio asinado en novembro ao despedir a dúas traballadoras”

José Manuel Piñar Quesada, do CSI-F, solicita á plantilla de Alcoa San Cibrao “unha resposta contundente polo futuro de todos”.

O responsable deste sindicato recorda que “no convenio asinado en outubro polo Comité de Empresa, xa se acordou que non se cubrirían 14 postos de traballo dos prexubilados”; pero, aínda así, “dúas traballadoras tiveron que ensinar o seu traballo a dous traballadores de Hungría que se presentaron en San Cibrao para sustituílas e levar a cabo o seu traballo dende o seu país de orixe, unha vez que as primeiras foran despedidas a finais de febreiro, segundo lles informara Alcoa a comezos de novembro”.

Ante esta situación, Piñar Quesada, pide á plantilla esa resposta “contundente” argumentando que “todo iso non parece saciar á insaciable dirección de San Cibrao”.

Exit mobile version