Site icon Crónica3.com A Mariña

O GMP burelés afirma que as dietas cobradas están debidamente xustificadas

Burela, a 31 de xaneiro de 2014.- O Grupo Municipal Popular do concello de Burela afirmou hoxe que “as dietas cobradas polos membros do Goberno Municipal axústanse ó estipulado polo pleno e están debidamente xustificadas. As dietas e quilometraxe correspóndense con xestións feitas polo alcalde e concelleiros que requiren desprazamentos”.

O GMP burelés manifestou que “o alcalde e concelleiros usan os seus coches particulares para eses desprazamentos fóra de Burela para facer xestións ante a Xunta, por exemplo, e é absolutamente lóxico e normal que o concello lles abone cantidades para sufragar os gastos ocasionados. En todo caso, as indemnizacións cóbranse a efectos de cubrir precisamente eses gastos de desprazamento e de manutención, algo que ocorre absolutamente en todas as administracións, e mesmo en certas empresas privadas”. Para o GMP, “por eso sorprende o empeño dos socialistas de facer creer que estamos cobrando sobresoldos cando é xustamente o contrario, xa que o único que se fai é cubrir os gastos ocasionados polos desprazamentos. É máis, en ocasións as indemnizacións do concello non cubren a totalidade do gasto”.

Os populares afirman que “durante o bipartito tamén se cobraban dietas, e en ningún momento o GMP cuestionou a lexitimidade e legalidade das mesmas. Como agora tampouco cuestionamos que o Sr. Llano use ou non coche oficial da Deputación para os seus desprazamentos a Lugo”.

“De todos os xeitos, resulta difícilmente creible a crítica socialista, cando resulta que quen a fai cobra 51.000’00€ anuais e pode dispor de coche oficial para viaxar. Por riba, cando este señor era alcalde, as dúas dedicacións exclusivas e unha parcial existentes no concello costaban anualmente 9.000’00€ máis cas tres dedicacións exclusivas que hai co goberno do PP”, afirma o GMP.

Os populares aseguran que “o PSOE non ten mais argumentos para facer oposición, por eso recurre a estes temas; resulta patetico que un grupo politico teña que recurrir a estes asuntos, que non se cuestionan noutras administracions, e que demostra a desesperación destes señores cando estan na oposición”.

Finalmente, desde o GMP afirman que “sempre e cando sexa preciso, os membros do goberno local farán os viaxes precisos para facer as xestións que sexan necesarias”.

Exit mobile version