Site icon Crónica3.com A Mariña

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais de Barreiros convoca prazas para o programa ‘Termalismo Social’ durante este 2014

Barreiros, 3 de xaneiro de 2014. O Concello informa que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no programa Termalismo Social durante este ano 2014.

Poderán participar os/as pensionistas do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez, en todo caso, e polo concepto de viudedade ou doutras pensións unicamente cando o solicitante cumprise os 60 anos de idade.

O prazo de presentación de solicitudes para as quendas de febreiro a agosto será ata o 16 de xaneiro con prioridade na adxudicación de praza e ata o 16 de maio para a súa inclusión na orde que corresponda na lista de espera de prazas. E no caso das quendas de setembro a decembro o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de maio con prioridade na adxudicación de praza e ata o 30 de outubro para a súa inclusión na orde que corresponda na lista de espera de prazas.

Os/as interesados/as en obter máis información ou en tramitar as solicitudes correspondentes poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello.

Exit mobile version