Site icon Crónica3.com A Mariña

O litoral norte da comunidade atoparase en alerta laranxa este domingo por ondas que poden superar os cinco metros

Santiago de Compostela, 25 xaneiro de 2014.- A Dirección Xeral de Emerxencias vén de activar a alerta laranxa para o domingo 26 dexaneiro no norte do litoral galego por un fenómeno meteorolóxico adverso por costeiros, con ondas que poden superar os cinco metros.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informou no seu último parte deste fenómeno, que dará comezo ás nove da mañá do domingo e que afectará ao litoral noroeste da provincia da Coruña e ao litoral da provincia de Lugo, por mar combinada de máis de 5 metros. O resto do litoral estará en alerta amarela.

Dende a Dirección Xeral de Emerxencias destácase a necesidade de establecer as precaucións precisas ante esta alerta e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.

Exit mobile version