Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Viveiro celebrará o sábado 8 de febreiro o seu Congreso local

rolda-ppviveiroLugo, 30 de xaneiro de 2014.- O presidente provincial do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Barreiro, acompañado do presidente dos populares de Viveiro, César Aja e do secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro, deron conta este xoves da convocatoria do Congreso local do Partido Popular na cidade do Landro.

CONGRESO DA SUCESIÓN
Os afiliados do Partido Popular de Viveiro están chamados a escoller en asemblea á persoa que sucederá a Cesar Aja, quen hoxe adiantou que non optará a reelección, dando paso á renovación da dirección do partido, tras trinta anos de traxectoria como presidente local.

De feito, viña exercendo, co respaldo dos sucesivos congresos locais, a xefatura dos populares viveirenses desde o 18 de febreiro de 1984, período durante o cal ostentou importantes responsabilidades tanto a nivel orgánico como institucional, xa que foi alcalde da cidade durante dúas décadas (1983-2003), deputado nacional (1986-1993) e provincial e senador durante catro lexislaturas (na V, VI, VII e VIII).

PROCESO
Logo da convocatoria desta cita congresual –amparada polo acordo de renovación das agrupacións locais aprobado na Xunta Directiva Provincial que tivo lugar no mes de marzo do ano que vén de rematar- ábrese de xeito oficial o prazo de presentación de candidaturas.

Aquelas persoas interesadas en presentar a súa candidatura á presidencia local do Partido Popular de Viveiro poderán facelo ata ás 20 horas do mércores 5 de febreiro e deberá estar avalado por 25 afiliados plenos.

Un día despois, o 6 de febreiro remata o prazo para a presentación das candidaturas, isto é, das persoas que acompañaran ao novo candidato/a na dirección local. Neste caso a candidatura completa precisa –segundo as previsións estatutarias- dun total de 50 avais de afiliados.

Exit mobile version