Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Socialista celebra este sábado o primeiro comité provincial da nova executiva que dirixe Juan Carlos González Santín

LUGO, 30 DE XANEIRO.- O Partido Socialista de Lugo celebrará este sábado o comité provincial ordinario. Trátase dun proceso que marcan os estatutos do Partido, que fixan a celebración desta xuntanza cada seis meses. Deste xeito, este é o primeiro comité da nova executiva provincial con Juan Carlos González Santín á cabeza, logo da elección de José Ramón Gómez Besteiro como secretario xeral do PSdeG-PSOE.

O encontro, que estará presidido por Santín e se desenvolverá no hotel Torre de Núñez, dará comezo ás 10:30 horas coa constitución da mesa do comité. Ás 10:45, o secretario provincial, que se proclamou dirixente do Partido en Lugo, debido á elección de José Ramón Gómez Besteiro como líder dos socialistas galegos, fará balance da situación económico-política e social da provincia. Acto seguido, abrirase un turno de preguntas para escoitar as propostas dos asistentes e aprobarase unha resolución política, relacionada coa situación da Sanidade luguesa. A xuntanza rematará, sobre as 14:00 horas, coa elección dos membros da Comisión Provincial de Listas, tal e como marcan os estatutos do PSOE.

Asistentes
No comité, seguindo o marco estatutario, participarán a comisión da executiva provincial, os membros da comisión executiva nacional galega que militen na provincia como o secretario xeral do PSdeG-PSOE, así como os deputados autonómicos e senadores por Lugo.

Exit mobile version