O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén e o edil José Manuel Balseiro estiveron presentes na cea e participaron na entrega dos trofeos. O responsable de Deportes destacou a longa tradición e o seguimento deste campionato, que nesta edición incrementou o número de equipos que competían, un total de oito: Paulino (113 puntos), Camarote (93), O Trasgo (84), Mesón da Ría (83), Río de Oro (83), Bar Zoco (80), O Castelo (72) e Pedregal (64).
Ao mesmo tempo, Guillén resaltou tamén o “importante papel de dinamización da hostalería local do torneo, xa que cada equipo está vinculado a un establecemento do municipio e é neses locais onde se disputan os diferentes enfrontamentos”. O edil felicitou aos gañadores pero tamén a todos os participantes “por manter vivo durante tantos anos un campionato que convida a decenas de persoas a xuntarse e a compartir o seu tempo de lecer”.