García criticou a falta de seguridade, tal como a inexistencia de barandas, e a nula sinalización alertando do perigo que presentan ámbalas dúas pontes, cun considerable desnivel en ámbolos dous casos.
O popular afirmou que unha das pontes ubícase na LU-P 4804 e outra na LU-P 4802, ámbalas dúas, de titularidade provincial, e situadas en estradas transitadas e en zonas de acceso aos núcleos da poboación.
Jorge García denunciou que estas pontes levan máis dun ano nesta situación, incluso unha delas, máis de dous, polo que urxe a Gómez Besteiro, como responsable das mesmas, a que solvente esta situación antes de que aconteza unha desgracia e insta ao rexedor, o Señor Darío Campos, a que non permanezca un momento máis de brazos cruzados, como estivo ata o de agora, e inste ao seu socio de goberno na Deputación de Lugo, a que solvente esta problemática.