Mondoñedo 11 de xaneiro de 2014.- Tendo en conta que este ano abrirase o tramo da A-8, infraestructura moi importante pero que as obras levadas a cabo na mesma causaron trastornos aos veciños das parroquias mindonienses polas que transcorre dita infraestructura, o PP de Mondoñedo trasladará ao pleno municipal unha moción para o seu debate e aprobación, se procede, instando á Coorporación a asumir unha serie de compromisos en defensa dos intereses dos veciños de Mondoñedo, máis en concreto cunha triple finalidade.
Triple finalidade en función da competencia de cada unha das Administracións implicadas
A moción popular ten unha triple finalidade:
-Instar ao Concello de Mondoñedo a arranxar as vías da súa titularidade e supervisar o resto das actuacións que se desenvolvan no municipio
– Instar ao Ministerio de Fomento a que execute o proxecto para corrixir as escorrentías que se veñen producindo como consecuencia das obras na A-8 (os populares lembran que xa existe un proxecto para actuar e correxir esta deficiencia)
– Instar a Xunta de Galicia a arranxar e mellorar os accesos da LU-124 coa futura autovía.
Os populares sinalaron a importancia desta infraestructura non só para Mondoñedo; senón tamén para o resto da comarca con Galicia e España e insistiron en que esta obra debe dispor de tódalas garantías de confortabilidade, calidade e seguridade viaria que precisa unha infraestructura de estas características.
Ao PP interésalle que sexa a Corporación de Mondoñedo a que se pronuncie, a ser posible por unanimidade, en relación con este triple obxectivo e agarda que o rexedor teña unha actitude constructiva como a que defenden os populares.