Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE consegue que os deputados na eurocámara Sánchez Presedo e Iratxe García resposten ás necesidades do sector agrario lucense sobre a reforma da PAC

psoe-pacLUGO, 22 DE XANEIRO.- Os secretarios provincial e de Medio Rural, Juan Carlos González Santín e Horacio Rouco, respectivamente, presentaron este mércores a xornada informativa “O futuro de Lugo na Política Agraria Común 2014-2020”, organizada polo Partido Socialista co obxectivo dar resposta ás múltiples dúbidas que teñen os gandeiros e produtores lucenses sobre o forte impacto que suporá a entrada en vigor da reforma na provincia. Para elo, o encontro, que se desenvolverá este venres -24 de xaneiro-, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Becerreá, contará con dous expertos na materia, debido á súa condición de deputados no Parlamento europeo. Trátase do galego Antolín Sánchez Presedo, que integra a Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios da eurocámara, e da bilbaína Iratxe García Pérez, que compón a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural.

Deste xeito, as xestións realizadas pola executiva do PSOE foron decisivas para que estes dous políticos que, ademais de ter un recoñecido prestixio a nivel nacional e europeo, destacan por estar especializados no tema que centra o encontro, se dén cita ese día no municipio da Montaña; zona que se atopan boa parte dos perceptores das axudas concedidas pola UE.

A este respecto, os socialistas subliñaron que a finalidade do simposio é “estreitar lazos e achegar posturas cos gandeiros e produtores da provincia, así como deseñar un plan de actuación conxunto, pois o que non podemos permitir é este xeito irracional de recibir subvencións”. En Lugo, son 15.500 os beneficiarios. Representan o 37,53% de toda Galicia, e reciben o 48% das axudas directas da Comunidade.

 

“Perderase unha oportunidade para lexitimar a quen vive do campo”

A nova PAC contará con menos Orzamento que a anterior. Só na partida de Desenvolvemento Rural a diminución presupostaria é do 8%. Así mesmo, segundo indicaron os dous secretarios da executiva provincial, ó priorizar o reparto en función da superficie, “perderase unha oportunidade importante para lexitimar a quen realmente traballa no campo”; o que provocará, engaden, que “os máximos perceptores das axudas en Europa sigan sendo grandes terratenientes como o Príncipe Carlos de Inglaterra e, en España, a duquesa de Alba ou Mario Conde. De aí, a necesidade de establecer uns mecanismos correctores que impidan estes efectos”.

Así mesmo, os socialistas consideran que favorece o desequilibrio na concesión das axudas, pois é o Goberno Central, de común acordo coas Comunidades, o que decidirá quen pode cobrar as axudas. “Establece un suelo con límite de axudas por abaixo, pero non un teito con límite de axudas por arriba. É dicir, prima os equilibrios administrativos, territoriais e sectoriais fronte á realidade das explotacións, e dos gandeiros. Conclusión hai agricultores e gandeiros ós que Cañete lles vai dar un bo pao e a outros suculentos ingresos”, afirmaron.

Neste senso, o secretario de Medio Rural destacou que “o que temos é que garantir o futuro das explotacións agrícolas e gandeiras na provincia de Lugo. O Parlamento europeo lexisla, por primeira vez, sobre a PAC, o que significa que está nas súas mans o futuro de millóns de persoas que viven e traballan no campo, e que aseguran uns alimentos de calidade. Por iso, o importante é delimitar o número de hectáreas, que se fortalezan as organizacións de produtores e a coordinación das autoridades nacionais de competencia para que o trato sexa igualitario a todos e, así, frear o despoboamento da provincia”.

As administracións, engadiu Rouco, “aínda pensan que as persoas do campo son cidadáns de segunda, ou sexa, xente con obrigas, pero sen dereitos. E indo máis alá, que é xente que están condenadas á emigración. Por iso, dende o Partido Socialista esiximos que o Presidente da Xunta presione ó Goberno do Estado para que estas vicisitudes que ten a nosa Comunidade e a nosa provincia sexan recollidas na futura PAC”.

 

“Deseñada de costas ó sector”

Neste senso, os socialistas incidiron en que a nova Política Agraria Común está “deseñada de costas ó sector agrogandeiro”, xa que, de seguirse o criterio aprobado en Europa, e co que o Executivo de Rajoy pretende seguir adiante, Galicia e, concretamente, a provincia de lugo, veranse gravemente perxudicadas. Proba delo, aseguran, é que aínda non se concretaron as medidas compensatorias para os gandeiros que fixeron grandes investimentos na compra de cota láctea, xa que, a partir de 2015, coa desregularización do mercado do leite, os dereitos de produción adquiridos “van quedar en nada”.

 

O sector agrario perderá renda, afiliacións e dinamismo

Con este novo reparto, indicou González Santín, o sector agrario seguirá perdendo renda, afiliados á Seguridade Social e dinamismo. A este respecto, explicou que, en 2013, o sector primario galego perdeu uns 2.000 empregos, “a terceira parte dos postos de traballo de Citroën”. Só na provincia de Lugo, foron 700. Isto supuxo unha diminución do 4,71% con respecto ó ano anterior. Na actualidade, constan como afiliadas á Seguridade Social neste reximen 13.785 persoas, é dicir, o 40% dos traballadores agrarios de Galicia, tal e como se poder ver nos seguintes cadros:

 

Decembro 2012 Decembro 2013
S.E.Agrario S.E.T.A. Total S.E.Agrario S.E.T.A. Total
A Coruña 1.568,82 11.699,94 13.268,76 1.445,77 11.173,22 12.618,99
Lugo 1.491,29 12.975,23 14.466,52 1.405,22 12.379,83 13.785,05
Ourense 307,29 2.625,52 2.932,81 225,44 2.445,33 2.670,77
Pontevedra 1.111,29 4.671,82 5.783,11 1.003,38 4.428,72 5.432,10
GALICIA 4.478,69 31.972,51 36.451,20 4.079,81 30.427,10 34.506,91
ESPAÑA 817.839,88 196.975,41 1.014.815,29 790.413,55 194.788,83 985.202,38
G/E 0,55% 16,23% 3,59% 0,52% 15,62% 3,50%
L/G 33,30% 40,58% 39,69% 34,44% 40,69% 39,95%

Fonte: Seguridade Social. Afiliados medios mes por CC.AA. e provincias segundo reximes. 2012 e 2013.

Diferenza Decembro 2012 – Decembro 2013
S.E.Agrario S.E.T.A. Total S.E.Agrario S.E.T.A. Total
A Coruña -123,05 -526,72 -649,77 -7,84% -4,50% -4,90%
Lugo -86,07 -595,40 -681,47 -5,77% -4,59% -4,71%
Ourense -81,85 -180,19 -262,04 -26,64% -6,86% -8,93%
Pontevedra -107,91 -243,10 -351,01 -9,71% -5,20% -6,07%
GALICIA -398,88 -1.545,41 -1.944,29 -8,91% -4,83% -5,33%
ESPAÑA -27.426,33 -2.186,58 -29.612,91 -3,35% -1,11% -2,92%
G/E 1,45% 70,68% 6,57%
L/G 21,58% 38,53% 35,05%

Fonte: Seguridade Social

 

Descende o emprego e sube a morosidade

O recorte e a modificación das axudas suporá, ademais, un aumento da morosidade do sector nos próximos anos. En 2013 esta subiu un 50%, pasando do 8,55 ó 12,22% e, o crédito concedido, reduciuse de case 21.000 millóns de euros no último trimestre de 2012 a un 18.700 millóns no último do pasado exercicio, é dicir, baixou 2.121 millóns. A isto hai que sumarlle, indicou Santín, que os custos de produción nos últimos 5 anos aumentaron máis dun 20%.

Crédito Dubidosos % Morosidade
Trimestre Total Agrario Total Agrario Total Agrario
3T 2012 886.961.881 20.851.964 146.865.872 1.783.207 16,56% 8,55%
4T 2012 799.610.108 20.216.724 128.414.656 1.853.392 16,06% 9,17%
1T 2013 762.449.466 19.137.716 122.051.552 2.141.358 16,01% 11,19%
2T 2013 730.764.776 18.973.662 131.768.392 2.231.122 18,03% 11,76%
3T 2013 713.773.471 18.730.674 141.620.656 2.401.143 19,84% 12,82%
3T12 / 3T 13 -173.188.410 -2.121.290 -5.245.216 617.936 19,83% 49,90%
-19,53% -10,17% -3,57% 34,65% 3,28% 4,27%

Fonte: Banco de España

Exit mobile version