Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo pídelle ó alcalde que deixe de anunciar trámites sobre a cesión dos locais da Casa do Mar ata que sexa unha realidade

CERVO, 28 DE XANEIRO. Os socialistas de Cervo non entenden cómo o o alcalde, Alfonso Villares, pode falar unha e outra vez das súas xestións para a axilización da cesión dos locais da Casa do Mar cando “levan anos anunciando avances e a realidade é que, polo momento, seguimos tal e como estábamos”.

A celebración de FITUR, Feira Internacional do Turismo, en Madrid, favoreceu que o noso rexedor aproveitase a viaxe para seguir avanzando neste asunto, ou así o anunciaron dende o propio Concello, “o cal nos parece moi correcto”, afirman.

Neste mesmo senso, subliñan que “o que non nos parece tan ben é que nos vendan a axilización dos trámites cando o que interesa en realidade é a solución definitiva do asunto. Cando era o noso partido quen tiña o goberno, aventuráronse a falar dunha man negra e esixían inmediatez, agora somos nós quenes pedimos que os anuncios e as promesas se fagan verdadeiramente efectivos”.

Os socialistas de Cervo insisten en que “independentemente de que nos pidan disculpas ou non por algo que non era certo, o tempo veunos a dar a razón, agora parece que a man negra se converteu en man inútil, pois tanto que prometeron, levan dous anos no goberno e os locais da Casa do Mar seguen sen aproveitarse, sen estar destinados para algo”.

Resultados da viaxe
Os membros do PSOE cervense queren “ver resultados. Tanto dos trámites dos locais da Casa do Mar, como das xestións feitas en FITUR para mellorar os datos do turismo e promocionar o noso Concello. O señor Villares leva viaxando a Madrid e vendendo as súas xestións varios anos pero a realidade é que as cifras non corroboran os seus esforzos. Pedimos que nos den conta dos beneficios, se os hai, desta viaxe”.

Exit mobile version