Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pedirá no Parlamento, na Deputación e nos Concellos que a Xunta negocie co Goberno os criterios PAC para evitar a redución destas axudas na provincia

psoe-xornada-PACBECERREÁ, 24 DE XANEIRO.- O secretario provincial -Juan Carlos González Santín- anunciou este venres ós gandeiros e produtores da provincia que se deron cita na Casa da Cultura de Becerreá, co gallo da xornada informativa “O futuro de Lugo na Política Agraria Común 2014-2020”, organizada polo Partido Socialista, e que contou coa presenza dos deputados no Parlamento europeo Antolín Sánchez Presedo, que integra a Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios da Eurocámara, e da bilbaína Iratxe García Pérez, que compón a Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, que o PSOE presentará, na Cámara galega, na Deputación e nos 67 Concellos varias iniciativas para instar á Xunta a que leve a cabo as negociacións oportunas co Ministerio de Agricultura para que Galicia e, concretamente, a provincia de Lugo non se vexan prexudicadas no reparto destas axudas comunitarias.

Deste xeito, no encontro, que contou con ducias de gandeiros e produtores da provincia, os socialistas achegaron posturas cos afectados sobre o tema, pois, tal e como reiterou Santín, “o que non podemos permitir é este xeito irracional de recibir subvencións”. Neste senso, Sánchez Presedo, ante a decisión adoptada en Bruxelas, incidiron na necesidade de que o Goberno galego adopte medidas que garantan a viabilidade do sector agrario como “sector estratéxico”.

A este respecto, o parlamentario subliñou que “son necesarias políticas coyunturales o de estabilización, así como mecanismos de apoyo que constituyan redes de protección sobre los ingresos de los productores y productoras. Hai que exigir un trato financiero para Galicia, alineando la política gallega y la europea para garantizar el mantenimiento de estas ayudas en la distribución de los fondos comunitarios”.

Pola súa banda, a deputada na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural destacou que “hai menos dinero a repartir -pasamos de 5.500 millones a 4.800 en todo el Estado- pero la cifra bastaría siempre y cuando se destinasen los fondos a los agricultores y ganaderos reales, a las empresas o personas físicas que viven y trabajan del agro, tal y como hace Francia”. Por elo, Iratxe García incidiu en que “es una oportunidad perdida para establecer un modelo de política agraria que dirija las ayudas a los profesionales y a las explotaciones que crean empleo”.

As xestións realizadas pola executiva do PSOE foron decisivas para que estes dous políticos que, ademais de ter un recoñecido prestixio a nivel nacional e europeo, destacan por estar especializados no tema que centra o encontro, se desen cita ese día no municipio da Montaña; zona que se atopan boa parte dos perceptores das axudas concedidas pola UE, de aí que os socialistas elexisen este Concello para a celebración da xornada.

Postura dos socialistas

A nova PAC, ademais de contar con menos Orzamento que a anterior, pois só na partida de Desenvolvemento Rural a diminución presupostaria é do 8%, ó priorizar o reparto en función da superficie, non lexitima a quen realmente traballa no campo.

Así mesmo, os socialistas consideran que favorece o desequilibrio na concesión das axudas, pois é o Goberno Central, de común acordo coas Comunidades, o que decidirá quen pode cobrar as axudas. É dicir, prima os equilibrios administrativos, territoriais e sectoriais fronte á realidade das explotacións e dos gandeiros.

Tendo en conta que a nova Política Agraria Común está deseñada de costas ó sector, a súa entrada en vigor provocará unha diminución do número de afiliados á Seguridade Social diminúa e un aumento da súa morosidade. En 2013 destruíronse 700 empregos e a débeda do reximen incrementouse nun 50%.

A 5ª reforma da PAC
Esta é a quinta reforma da Política Agraria Común, pero, por primeira vez, o voto da Eurocámara non é un mero trámite de formalización do pactado polos Ministros de Agricultura europeos, xa que, segundo a nova lexislación, as decisións de Bruxelas deben estar refrendadas pola do Parlamento. “Es decir, el Sr. Cañete, después del apoyo manifestado, es co-responsable de que la UE vuelva a discriminar a Galicia en las ayudas directas,”, aclararon os eurodeputados.

O período de aplicación da nova política agraria abarca o sexenio 2014-2020, pero moitas das disposicións aprobadas terán que agardar ata 2015 para que poidan entrar en vigor, xa que a Cámara de representantes introduciu ata 8.000 emendas, que obrigan ós gobernos dos Vinteoito a trasladar estas modificacións ás súas lexislacións nacionais.

Exit mobile version