Site icon Crónica3.com A Mariña

Onde podios para as ED Lourenzá Mondoñedo na XI Popular Memorial Eduardo Fernández Villamarín de Rábade

equipoO pasado sábado 25 de xaneiro, a maioría do equipo de atletismo das ED Lourenzá Mondoñedo desprazouse á localidade de Rábade para participar na XI popular Memorial Eduardo Fernández Villamarín. E o domingo algún atleta repetiu en Trevías (Asturias).

No primeiro dos casos, Diana Lastra e Ainara Rodríguez fixéronse coa vitoria nas súas respectivas categorías, benxamín e alevín-infantil feminino, respectivamente. En benxamín Carmen García tamén subiu ó podio logrando a terceira praza. Ademais, participaron Aldara Fernández, Iria Rodríguez e Henar Méndez. E, na categoría masculina, Brais Díaz e Ian Méndez fixéronse coa segunda e terceira posición, respectivamente, nunha proba na que tamén correu David Martínez.

Mentres, o podio alevín-infantil da proba estivo totalmente protagonizado polas atletas de Lourenzá-Mondoñedo. Ana Vallines e Claudia Graña completaron o caixón da categoría na que tamén participaron Hiba Bouyzar e María Vallines.

En alevín-infantil masculino Alexandre Santiago e Nicolás Álvarez lograron a segunda e terceira posición; mentres que en cadete tamén houbo representación laurentina-mindoniense no podio coas segundas prazas de Carmen López, en feminino, e Aarón Rivas, en masculino.

Entre os adultos, dun total de 460 participantes, José Carlos Díaz Blanco e Marisa Ares foron os mellores clasificados logrando o 42º e 15º posto nas respectivas categorías.

P.GEN DORSAL NOM. APELL. T.OFICIAL CLASIFCATEG.
114 200 JOSE CARLOS DIAZ BLANCO 00:27:40 42
128 201 RUBÉN GARCÍA PIÑEIROA 00:28:15 50
153 338 LUIS MANUEL GRAÑA GONZALEZ 00:28:39 61 CATEGORÍA
161 208 JOSE MANUEL ALVAREZ CARBAJALES 00:28:53 66
248 812 JUAN LUÍS MENDEZ PAZ 00:30:53 77
293 813 MOHAMED BOUYZAR 00:31:58 113
363 204 MARISA ARES REIGOSA 00:34:09 15
406 180 JOSE LOPEZ GAVIN 00:35:48 151
441 209 BEGOÑA GONZÁLEZ DORREGO 00:39:02 22

Ana Vallines e Claudia Graña suben ó podium na prestixiosa Trevías 2014

Ana Vallines logrou a segunda posición en alevín feminino, mentres que Claudia Graña foi terceira en infantil.

Ademais participaron Fernando Vallines en benxamín masculino (5) e María Vallines en alevín feminino (10).

Na proba da categoría absoluta, de 10 quilómetros de distancia, foron 400 os atletas participantes entre os que José López Gavín marcou un tempo de 56 minutos e 30 segundos acadando a 72ª praza.

Exit mobile version