Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros socialistas de Burela critican que “o alcalde non informa de nada nas comisións informativas”

O luns 27 o Sr. Alcalde convócanos as comisións informativas como lle obriga a lei antes dun pleno ordinario. Nas comisións informativas do concello de Burela están representados todos os partidos políticos, un membro do BNG, dous do PSOE e tres do PP.

Na comisión informativa de persoal o alcalde fíxonos un breve resumo das contratacións feitas dende hai catro meses; mais non nos dixo en que se estaban a traballar nestes momentos, nin que planes había para o futuro. Tampouco nos informou dos acordos das mesas de negociación que houbo nese tempo. Tivo que ser a concelleira Remedios López Villar, representante do PSdeG PSOE quen lle pediu información de ese “olvido”. Moi brevemente comentou que se lle ía subir o soldo en 400€ solo a un administrativo, co voto en contra por unanimidade de toda a mesa de negociación. Como non pareceu suficiente esa explicacións, pedímoslle que nos explicara os motivos que o levaron a tomar esa decisión desprestixiando a boa labor do resto dos administrativos do concello. O Sr. Alcalde contestounos ríndose en plan sarcástico“invítote a un café calquera día e xa che comento eses motivos”.

Tampouco non nos explicou que se lle baixaban horas a dous empregados da escola de música. Dous licenciados que forman parte do persoal laboral indefinido do concello. Puxéronos a xornada de cinco horas, coa correspondente baixada de soldo. Co informe dunha concelleira do PP (Mónica Pedre) que no se nos facilitou nin se comentou. Esas horas que lles quitaron ao persoal do Concello non é que sobren, van para os novos profesores que contrataron máis afines a súa ideoloxía política. Todo un exemplo de vinculación nominal (a dedo) como lle gusta traballar a este DESGOBERNO do PP. Non nos estraña que en breve nos enteremos dos despidos deste persoal igual que pasou coa Axente de emprego, e dous GRUMIRES que tampouco eran afines e que lle costou a broma aos veciños de Burela 33.825.34€ (5.628,063 pts.)

Dende o PSOE queremos denunciar unha vez máis a actuación do Sr. alcalde que non nos parece correcta, nin tampouco os seus modais, a falta de transparencia aos veciños e falta de seriedade pola que se caracteriza o señor González Barcia. Cada comisión informativa cústalle 30€ por concelleiro aos veciños e veciñas de Burela, ¡voten contas!. No día de hoxe tivemos que solicitar a información que non se nos facilitou nas comisións informativas de persoal por escrito no rexistro do concello xunto con todo o expediente e a acta da mesa de negociación.

Se o Alcalde non ten pensado informar de nada nas comisións, que se deixe dos seus malabarismos circenses aos que nos ten acostumados que solo lle teñen gracia a el e que non van a ningures, mais que a malgobernar e mermar os cartos dos veciños de Burela sen ningún sentido.

Exit mobile version