Site icon Crónica3.com A Mariña

Os pais e nais afectados polo decreto de comedores en Cervo protestan polos recortes e a falta de apoio do Concello

Nais e Pais do CEIP de Cervo afectados polo Decreto de Comedores participaron nunha concentración o xoves 30 de xaneiro ás 16.30 horas diante do colexio. Os afectados apoiaban a seguinte reivindicación:

Que as alumnas e alumnos transportad@s recuperen o dereito a comedor escolar, como servizo compensatorio, ao non dispor de escola no seu entorno; xa que “como persoas residentes nas areas rurais somos conscientes que a perdida deste servizo compensatorio será un factor máis a provocar o despoboamento das nosas aldeas”.

Unha reducción da taxa de 4,50€ menú /día e que se adecue a un menú infantil colectivo; xa que “esta taxa incrementada afecta a varias familias, con maior incidencia nas familias que viven fora da área de influencia do Centro porque teñen que asumir tanto os desprazamentos como a taxa de comedor, que consideramos elevada para un menú escolar”.

Que as prazas autorizadas de comedor escolar se adapten á demanda de matriculación como medida de apoio á conciliación laboral.

Que o uso do servizo financiado con fondos públicos, se extenda progresivamente a todo o alumnado.

“Partimos de que o servizo de comedor escolar non é un negocio, é un servizo que a Administración xestiona con recursos propios e criterios sociais, un servizo necesario para a conciliación laboral, e que permite ao alumnado comer e descansar entre a xornada de mañá e tarde, algo que quedou patente no intento dalgunhas familias de levar as/os nen@s a comer a casa, ante o pago dunha taxa excesiva, e que xeneraba estres e imposibilidade de asistir a clase pola tarde”.

Polo mesmo, “intentamos buscar solución ante a situación xerada polo Decreto de Comedores, diálogo coa administración (sen resposta); imposibilidade de levar a comida da casa (non hai espazo habilitado); estudouse o transporte a mediodi¡ía (inviable en tempo, comida+desprazamentos, discriminatorio, pribando aos nenos e nenas do tempo de xogo e extresante para fill@s e pais/nais); tamén se solicitou a implantación de xornada única, o centro iniciou o proceso para que a totalidade das nais e pais foran consultadas , unha vez aprobado no claustro, someteuse a votación no consello escolar e non prosperou por 5 votos en contra e un en blanco. Sorprendenos, e aínda estamos asimilando, como 5 nais/pais e unha representante do Concello impiden co seu voto que a vontade do resto de nais e pais se manifeste, sobre todo no caso das nais e pais representados no Consello, que non propician a consulta aos seus representados, provocando unha deficiente representación democrática, impondo o seu criterio ao resto. Cremos que os conflitos que xorden son unha oportunidade para repensar como podemos mellorar a convivencia e a representatividade na nosa comunidade educativa”

O colectivo, critica que “no caso do Concello, que se comprometeu a facilitar a consulta aos pais e nais, a súa representante non correspondeu, tal como declarou. E péchase así outra das posibles solucións para aquelas familias que por decreto están obrigadas a pagar unha taxa excesiva por un servizo de comedor que permita a seus fill@s ser escolarizados, non teñen opción, ou pagas si ou si, a escolarización é obrigatoria”.

Este decreto non da opción, só dá algunha subvención, a quen a dá, abrindo moitas fendas entre a comunidade, procedemento que non garante nada, so temporalidade e precariedade dun servizo necesario, que representa en contía o mesmo gasto que o profesorado de relixión nos centros.

Ante este decreto, produciuse o rexeitamento da comunidade escolar informada do que supón eliminar a gratuidade do comedor escolar ao alumnado transportado que ve incrementados os prezos nunha media de máis do 40% nos comedores xestionados directamente pola Consellaría de Educación.

Pola contra, a Consellaría de Educación NON aproveitou a promulgación deste novo decreto para garantir a dotación de comedores escolares en todos os centros públicos, asumir a xestión directa con persoal específico dos mesmos, reafirmar a gratuidade do uso por parte do alumnado xa beneficiario e estendela paulatinamente ao resto do alumnado.

Deste xeito, cren que “a Consellería de Educación non pode xustificar o cobro dos servizos educativos, cando está desviando fondos públicos (244,7 millóns €) a centros privados que non son da sua competencia”.

Finalmente, os pais e nais afectados polo decreto de comedores en Cervo afirman que “nos orzamentos do 2014 dedicanse ao ensino: 20 millóns menos que no exercicio 2013; 170 menos que no do 2012; 183 menos que no do ano 2011. En total, 680 millóns de euros menos que en 2009”.

Exit mobile version