Unha nova forma de chegar a toda a poboación e de dar a coñecer as actividades que se poñen en marcha co obxectivo de “fomentar a participación dos veciños e veciñas e, ao mesmo tempo, potenciar Cervo como un municipio activo e dinámico” explica o alcalde, Alfonso Villares, que estivo acompañado de boa parte do equipo de goberno neste acto de presentación.
A elaboración destes folletos implica un traballo previo e un esforzo para pechar a programación con moito tempo de antelación e, polo tanto, esixe unha boa planificación e, tamén, unha boa coordinación e traballo conxunto de todas as concellerías para conseguir unha oferta “variada e completa”, engade Villares.
Esta forma periódica de informar á veciñanza sobre a programación vaise consolidando e dá continuidade á iniciativa comezada en outubro, cos primeiros Pasatempos de 2013, os de Outono, seguidos despois dos de Nadal. “Unha forma cómoda e práctica de que a poboación estea ao día das actividades” manifesta o rexedor.
En total son preto de 40 actividades, moitas delas continuas, xa que se ofrecen de forma semanal, polo que son poucos os días do calendario que quedan baleiros. E por suposto, o Concello conta de novo coas asociacións do municipio, que tamén teñen un oco no folleto, de forma que poden divulgar mellor as súas actividades a través dun folleto unificado.
Neste programa destacan actividades tradicionais como a Festa do Ourizo, de Interese Turístico Galego, que xa ten data fixada, o 15 de marzo. En febreiro ademais, iniciarase o Entroido, con eventos habituais como os desfiles en Cervo, San Ciprián e San Román, pero tamén con iniciativas novas como o taller de confección de máscaras para nenos e un baile de máscaras.
Outra data que se celebra cada ano en Cervo é o Día da Muller Traballadora, que inclúe numerosos actos ao longo de varios días, como o campionato de Tute e Parchís, o curso de defensa persoal, un acto central o 7 de marzo no que participan todas as asociacións de mulleres do municipio e o Concello, un curso de cociña ou un concurso de poesía en contra da discriminación.
Actividades de estrea
Ao igual que en anteriores ocasións, o programa combina actividades habituais con outras novidades que, no caso de ter éxito e demanda, iranse incorporando aos eventos de continuidade. Como iniciativas novas destaca a celebración do Día do Xornalista, o día 24 de xaneiro, que incluirá actividades en días previos, como un concurso de noticias infantís nos colexios e o taller de radio “Cervo nas ondas”.
Tamén cabe resaltar o servizo de Asesoramento Nutricional, que xa está activo na Casa da Cultura de luns a venres, na piscina de Lieiro os luns, martes e mércores e no Ecomuseo os xoves. Nel, unha especialista en dietética e nutrición asesorará aos usuarios sobre alimentación saudable e personalizada.
En canto á seguridade, neste trimestre ponse en marcha unha rolda de charlas nos núcleos rurais para a prevención de atropelos onde se darán consellos e se fará entrega dun chaleco de alta visibilidade. Para a mocidade ofreceranse unhas xornadas de skate e outras de graffiti.
Actividades de continuidade
A Ocioteca ou o Encontro aberto de música para mozos son dúas actividades iniciadas nos Pasatempos de Outono e que dende entón, convertéronse en habituais na programación cervense. Ademais, hai outros eventos de continuidade, como o curso de palillar ou o concurso polo Día dos Namorados “Un Facebook de amor”.
PASATEMPOS DE INVERNO
ASESORAMENTO NUTRICIONAL
A partir do 2 de xaneiro
Casa da Cultura: Luns de 17 a 19:30/ Martes, mércores e venres de 9 a 13:30 h. e xoves de 9 a 13:30 e de 18:30 a 20 h.
Piscina de Lieiro: Luns de 10:30 a 13:30 h./martes e mércores de 17 a 19:30 h.
Ecomuseo de Cervo: xoves de 16 a 18 h.
XOGANDO EN DOMINGOS
Todos os domingos de xaneiro, febreiro e marzo de 18 a 19 h. no local da asociación Terramar na Casa do Mar
Organiza: Terramar/Colabora: Concello de Cervo
PALILLANDO EN CERVO
A partir do 7 de xaneiro na Casa da Cultura e Ecomuseo de Cervo
Inscricións ata o 15 de xaneiro na Casa da Cultura
CONCURSO DE NOTICIAS INFANTÍS
Para nenos e nenas dos colexios do municipio. Entrega de traballos ata o 17 de xaneiro na Casa da Cultura e no Concello
TALLER INFANTIL DE RADIO “CERVO NAS ONDAS”
Días 10, 17 e 24 de xaneiro de 16:30 a 17:30 h. no Auditorio da Casa da Cultura
PLAN MAIOR DE SEGURIDADE
11 de xaneiro ás 18 h. no local da asociación Terramar na Casa do Mar
Organiza: Asociación Terramar/Colabora: Concello de Cervo
OCIOTECA
11, 18 e 25 de xaneiro
1, 8, 15 e 22 de febreiro
1, 15, 22 e 29 de marzo
De 11 a 12:30 para 2º ciclo de infantil
De 12:30 a 14 h. para primaria
Na Casa do Mar
ENCONTRO ABERTO DE MÚSICA PARA MOZOS
11 e 18 de xaneiro/15 e 22 de febreiro/15 e 29 de marzo de 20 a 22 horas na Casa do Mar
MERCADO DO SOUTO
12 e 26 de xaneiro/9 e 23 de febreiro/9 e 23 de marzo
No pavillón do CEIP Cervo
Airiños do Xunco/Asociación Karrikanta/Concello de Cervo
DÍA DO MAR-FORO E EXPOSICIÓN
18 de xaneiro ás 20 h. na Casa da Cultura
Aventados/Concello de Cervo
GUATEQUES EN RÚA
18 de xaneiro, 15 de febreiro e 22 de marzo ás 21 h. na escola de Rúa
As Espalladoras/Concello de Cervo
CELEBRACIÓN DO DÍA DO XORNALISTA
24 de xaneiro ás 16:30 h. no Auditorio da Casa da Cultura
Entrega de premios do Concurso de Noticias Infantís e emisión do programa de radio ensaiado no taller “Cervo nas ondas”
CHARLA DE ALIMENTACIÓN NA TERCEIRA IDADE
25 de xaneiro ás 18 h.
No local da asociación Terramar na Casa do Mar
Terramar/Concello de Cervo
FORO: “EL QUIJOTE: ¿CÓMO ESTÁN LOS DERECHOS HUMANOS?”
25 de xaneiro ás 20 h. no Auditorio da Casa da Cultura
Os Aventados/Concello de Cervo
CHARLAS DE PREVENCIÓN DE ATROPELOS
Xaneiro
27 na escola de Rúa
28 na escola de San Román
29 local social de Trasbar
30 escola de Castelo
31 local social de A Senra
Febreiro
3 Ecomuseo de Cervo
Dirixido especialmente á xente maior. Cada asistente recibirá un chaleco de alta visibilidade
Delegación Provincial de Tráfico/Concello de Cervo
XXX CONCURSO LITERARIO AIRIÑOS DO XUNCO
Publicación das bases en xaneiro
Airiños do Xunco/Concello de Cervo
FESTA DA CANDELARIA
31 de xaneiro ás 21 h. Recital Maika e Jhoany. Cancións galegas na carpa da Festa da Candelaria en Rúa
1 e 2 de febreiro ás 13 h. Misa cantada por Maika e Jhoany na Igrexa de Rúa
CAMPIONATO DE TUTE E PARCHÍS DÍA DA MULLER TRABALLADORA
A partir do 3 de febreiro na Casa do Mar
Inscrición na Casa da Cultura ata o 29 de xaneiro
Alborada/Espalladoras/Mulleres de San Ciprián/Concello de Cervo
CONCERTO: ESCOLMA DE MEUS
8 de febreiro ás 20 h. no Auditorio da Casa da Cultura
Concello de Cervo/Aventados
DÍA DOS NAMORADOS: “UN FACEBOOK DE AMOR”
14 de febreiro Bases na Casa da Cultura
CONCERTO “CANERE SON”
14 de febreiro ás 20 h. no Auditorio da Casa da Cultura
Concello de Cervo/Aventados
XORNADA DE SKATE
15 de febreiro
Información a partir do 3 de febreiro na oficina da OMIX, Casa da Cultura e no teléfono 691 65 66 00. Dirixido á mocidade maior de 12 anos.
CURSO DE DEFENSA PERSOAL DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Do 18 de febreiro ata o 27 de marzo os martes e xoves ás 18:30 h. no Ecomuseo
Inscricións na Casa da Cultura e no teléfono 691 65 66 00
TARDE DE MAXIA EN CERVO: ACTUACIÓN DO MAGO TETO
22 de febreiro ás 19 h. no salón de plenos do Concello
ENTROIDO 2014
TALLER DE CONFECCIÓN DE MÁSCARAS DE ENTROIDO
26 de febreiro na Casa do Mar
Terramar/Concello de Cervo
ENTROIDO DO PAI
28 de febreiro ás 17:30 h. no salón de actos da Casa do Mar
TALLER DE CONFECCIÓN DE MÁSCARAS DE ENTROIDO PARA NENOS
28 de febreiro ás 18 h. no Ecomuseo
BAILE DE MÁSCARAS
1 de marzo ás 18 h. no salón de actos da Casa do Mar
Terramar/Concello
PLAYBACK INFANTIL
1 de marzo no salón de actos da Casa do Concello
Airiños do Xunco/Concello
DESFILE DE ENTROIDO
2 de marzo con saída do CEIP Cervo
Airiños do Xunco/Concello de Cervo
BAILE DE MÁSCARAS INFANTIL
3 de marzo ás 18 h. no salón de actos da Casa do Mar
DESFILE E FESTA DE ENTROIDO
4 de marzo a partir das 17:30 h. na praza dos Campos. Ao remate festa na carpa
ENTROIDO SAN ROMÁN
8 de marzo no pavillón de Deportes
As Espalladoras/Asociación de Montes de San Román/Concello
CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
7 de marzo
Inauguración das Xornadas da Muller Traballadora
Alborada/Espalladoras/Mulleres de San Ciprián/Concello de Cervo
CURSO DE COCIÑA DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Do 10 ao 14 de marzo na Casa do Mar
Inscricións na Asociación de Mulleres de San Ciprián
Mulleres de San Ciprián/Concello
CURSO DE POESÍA EN CONTRA DA DISCRIMINACIÓN. DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Bases dispoñibles na Casa da Cultura e no Concello a partir do 10 de marzo
CLAUSURA DAS XORNADAS DA MULLER TRABALLADORA
28 de marzo ás 18 h. no Auditorio da Casa da Cultura
Actuacións. Entrega de diplomas de defensa persoal. Merenda.
FESTA DO OURIZO
15 de marzo. San Cibrao. Xornadas técnicas, concurso de pratos e degustación de ourizo
V RUTA MEDELA MTB
16 de marzo ás 9:30 h.
Percorrido en mountain bike polo municipio.
Saída de San Ciprián pasando por Cervo, Sargadelos e monte A Medela.
XORNADA DE GAFFITIS
22 de marzo na Casa da Cultura
Información a partir do 3 de marzo na oficina da OMIX, Casa da Cultura e 691 65 66 00
Dirixidos á mocidade maior de 12 anos.