Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro interésanse polos galpóns do peirao vello de cara á apertura da cidade ó mar

Antonio J. Bouza Rodil, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, formula varias preguntas á Corporación en relación ós galpóns do peirao vello de Viveiro debido “non só a demandas dos cidadáns, senón tamén das representacións políticas e sociais do municipio”.

Neste momento, segundo os datos cos que conta o portavoz, existen nove parcelas que ostentan ou gozaron da correspondente concesión, distribuídas na actualidade da seguinte forma: tres concesións en vigor, catro concesións rescatadas e dúas autorizacións en vigor.

“Destes dous últimos apartados, as catro concesións rescatadas que corresponden ás naves, C-1, C-2, C-3 e C-4, poden ser derrubadas de forma inmediata e as outras dúas naves que corresponden ás naves A-3 e A-5, cuxa situación é a de autorización en vigor, curiosamente é o propio concello quen goza das citadas autorizacións e, polo tanto, renunciaron ás mesmas se realmente se desexa que se proceda a liberar o peirao de Viveiro e abrir a cidade ao mar”, apuntan os populares.

Por iso, o grupo municipal popular realiza á alcaldesa as seguintes preguntas:
1. Ten previsto o Concello renunciar ao disfrute da autorización das naves A-3 e A-5, para que podan ser derrubadas?
2. Para cando está prevista a renuncia á mencionada autorización?
3. Considera a alcaldía lóxica a postura de que se lle estea esixindo a Portos de Galicia e aos concesionarios, tanto de demolición como de renuncia, mentres é o propio concello quen está impedindo a liberación dese espazo?

Exit mobile version