Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro solicitan que o goberno local evite a duplicidade nas datas de celebración de festas municipais

O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro ven de presentar un rogo no que instan á alcaldesa a cumprir co acordo plenario ó que se chegou o 20 de xuño de 2013 polo que, a instancias dunha moción dos populares, o equipo de goberno debía promover evitar duplicidade nas datas de celebración das festas de ámbito municipal subvencionadas con cartos públicos.

Tralo acordo o goberno quedaba obrigado a informar e coordinar as persoas ou colectivos promotores destes eventos dándolle prioridade aos de maior proxección turística e de repercusión social.

Os populares manifestan o seu descoñecemento ante “as xestións realizadas polo equipo de goberno ao obxecto de dar cumprimento ó acordo que pretendía evitar que se solaparan as datas de celebración de eventos. ASí mesmo, propoñen o “establecemento dun calendario no que non se solapen unhas datas con outras” tras unha “previa reunión coas asociacións ou persoas encargadas da promoción destes eventos”.

Exit mobile version