Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela piden explicacións sobre as dietas do equipo de goberno

Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos denunciar publicamente o uso que fai o equipo de “desgoberno” de Burela dos cartos públicos. Despois de denunciar a falla de convocatorias de Plenos Ordinarios sen un motivo aparente que non fose a falla de xestión do equipo de “desgoberno” do Partido Popular, temos que cambiar de parecer, e a parte de que non se fai ningún tipo de xestión a prol dos intereses dos veciños e veciñas de Burela, temos que engadir que o escurantismo, a falla de transparencia e os despropósitos que fai este equipo de “desgoberno” é outra das causas para non querer cumprir as convocatorias de Plenos tal e como estaba acordado por toda a Corporación.

Dicimos isto despois de analizar a documentación que se nos fixo chegar de cara á celebración do Pleno Ordinario a celebrar este xoves en Burela. Vimos de descubrir entre outras cousas que iremos explicando, que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela ven de gastar no último ano a “friolera” de cerca de 20.000 euros (máis de tres millóns das antigas pesetas) en dietas e desprazamentos, só o Sr. Barcia é capaz de gastar preto de 7.000 euros en viaxes. Parécenos a todas luces unha cantidade que é moi difícil de xustificar, e máis tendo en conta que no ano 2012 esta cantidade que supoñía máis de 12.000 euros e dende o PSdeG-PSOE xa denunciamos que entendíamos que esta cantidade era totalmente desproporcionada. Este ano decidiron “tirar a casa pola ventá”, e mentres tanto ós veciños e veciñas de Burela sóbenlles todos os impostos e taxas habidas e por haber.

Este equipo de “desgoberno” é insaciable e non lles chega a nada os nada desprezables soldos que se asignaron e auméntano a base de dietas que pagamos todos os veciños e veciñas de Burela, e o que é aínda máis preocupante, nin unha soa xestión que beneficie a Burela. Cabe recordar que os soldos que lles estamos a pagar os veciños e veciñas de Burela suman máis de 100.000 euros, pero está claro que non lles debe de chegar.

A parte disto chama poderosamente a atención que as concelleiras Mónica Pedre e Beatriz Piñeiro están a cobrar por norma dietas por valor de 330 euros mensuais por, é dicir nos últimos meses pasan dietas e desprazamentos polas mesmas cantidades, incluso temos días nos que coinciden no viaxe, unha manobra que cando menos nos fai sospeitar de si se tratará dun soldo encuberto.

Debido a todo isto e a máis asuntos que estamos a estudar detidamente, imos a facer unha solicitude para darlle rexistro no Concello pedindo os días, xustificacións de viaxe e xestións que se foron a realizar nesas viaxes xa que sospeitamos que puidera ser que algún destes viaxes non se fixeran realmente e simplemente sexa un reparto de cartos públicos entre os membros do equipo de “desgoberno”, que de chegar a confirmarse estas sospeitas ademais de facer unha denuncia pública dos feitos estudaremos outro tipo de medidas a tomar, xa que entendemos que moitos dos nosos veciños e veciñas están a pasar serias dificultades para poder chegar a fin de mes e o equipo de “desgoberno” dedicándose a encher ben os seus petos á conta dos mesmos.

Exit mobile version