Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela presentan tres mocións sobre o emprego, a lei do aborto e o repago sanitario no “primeiro Pleno ordinario celebrado en catro meses”

No concello de Burela hai acordo para celebrar os plenos ordinarios con unha cadencia de dous meses, coincidindo co último xoves do mes correspondente.

O último pleno ordinario que se celebrou en Burela foi o pasado mes de setembro de 2013. Despois de catro meses sen plenos ordinarios o equipo de goberno do PP fai a convocatoria para o próximo día 30 de xaneiro con un só punto na orde do día: ¡aplicar, si procede, a modificación dun complemento a un empregado!

Entre novembro e decembro o alcalde convocou tres plenos extraordinarios. Dous de carácter urxente, un para subir a taxa do lixo (foi o único alcalde de Galicia que aplicou a proposta de Sogama de subir o canon do lixo nun 34% antes de que se iniciara a negociación e posibles acordos coa Xunta de Galicia) e outro para facer política en contra dunha decisión da Deputación provincial empregando o máximo órgano colexiado seguindo de forma sumisa e vergoñosa as instrucións do PP. O terceiro pleno extraordinario foi para aprobar os orzamentos.

A convocatoria dun pleno ordinario con un só punto na orde do día demostra o desprezo absoluto que este equipo de goberno lles fai ós veciños de Burela. Non levan nada que sexa para mellorar as condicións económicas, sociais, culturais, sanitarias, educativas, estruturais e laborais que poidan beneficiar o conxunto dos burelaos.

O máis grave de presentar unha convocatoria de pleno sen contidos é que reflexa a aptitude e valía dun equipo de goberno que leva tres anos aportando só subida de taxas, impostos e prezos públicos, e cobrando dietas por anunciar en titulares actuacións que nunca se iniciaron (ampliación do hospital, gardería, acceso ó porto…). Outra característica do alcalde e o seu equipo é obedecer as ordes dos mandatarios do PP antes que defender os intereses dos veciños (perda da área sanitaria, repagos sanitarios, suba de impostos, redución de servizos sociais, baixa de becas, etc.)

O Grupo Municipal do PSdeG procurará aportar algo positivo no pleno presentando tres mocións:

a/ Instar ó Goberno de España a retirar inmediatamente e non continuar a tramitación do Anteproxecto de Lei Orgánica polo que pretende revisar a lexislación vixente en España sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.

b/ Esixir á Xunta de Galicia a creación dun plan de emprego para a totalidade da provincia de Lugo eliminando os criterios partidistas e priorizando na creación para maiores de 55 anos e emprego xuvenil.

c/ Que este Concello solicite do Goberno Galego a NON aplicación na CCAA de Galicia da Resolución do 10 de setembro que implanta o repago na dispensación ambulatoria dos medicamentos de farmacia hospitalaria indicados para tratamento de graves patoloxías e de doenzas crónicas e instar á Xunta de Galicia a demandar do Goberno Central a retirada da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia.

Exit mobile version