Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Foz móstranse “asombrados” polo “balance triunfalista” que fai o alcalde de Foz do ano 2013

O PSdeG –PSOE non sae do seu asombro ó ver o “balance triunfalista” que fai o alcalde de Foz do ano 2013.

“A realidade do día a día demostra outra cousa ben distinta á marabillosa visión que ten o Sr Castiñeira e o seu equipo de goberno do noso concello”, consideran.

“Nunca o pobo de Foz estivo tan sucio e cheo de fochancas coma no pasado ano, nin tivo as súas parroquias tan descoidadas. A mais sonada inversión que fixo foi contratar a dedo unha empresa de xardinería que fai que teñamos unhas rotondas moi bonitas en contraste cun medio rural completamente abandonado”, argumentan os socialistas.

“Un ano no que se gastou sen control e así o demostra o medio millón de euros en facturas fora de contabilidade e os innumerables reparos de intervención”, continúan.

“Un concello turístico coma Foz, perdeu unha bandeira azul e tivo o máis escaso servizo de socorrismo nas praias dos últimos anos, tanto en membros coma en duración da temporada de vixilancia, claro que este ano, a diferencia do pasado non nos visitou o Sr Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia e non houbo tanta presa por parte do Alcalde de inaugurar a temporada de vixilancia nunhas praias que este ano estiveron algunha delas sen socorristas ata ben entrado o verán e descoidadas e sucias tanto nos areais coma nos cos accesos as mesmas”.

“Efectivamente hai que agradecer a moitos colectivos a súa implicación nos eventos e actos festivos do noso pobo, pero sería aínda mais de agradecer que o seu Alcalde entre festa e festa, evento e evento, se dedicase a gobernar. Ten o concello sumido nunha parálise administrativa con multitude de contratos de servizos caducados e sen sacar a concurso, tardase en cubrir ou non se cobren as baixas do persoal incluso de servizos tan importantes coma a axuda no fogar e esta completamente esquecido o mantemento dos inmobles municipais, as calles do núcleo urbano ou as pistas das parroquias, as fontes etc”.

“Acusa a Deputación de ter esquecido Foz, cando vostede rexeitou todo plan de aforro que lle propuxo a mesma incluso desprezándoo de mala forma dicindo que non valía para nada, coma fixo co Plan Innovate que podía ter gratuitamente e esta pagando por outro similar. Ou o de aforro enerxético que tamén custou cartos a todos os veciños, tanto estudio nesa auditoría e so serviu para sumir o pobo na escuridade apagando unha si e outra non as farolas. Á vista de que o Concello ten esquecidas ás parroquias a Deputación si colaborou con elas a través do Plan de obras das comunidades veciñais”.

“Vaia por diante que nos alegramos do cambio de punto de vista sobre algo que os socialistas sempre apoiamos, os Plans de Emprego, pero aínda recordamos cando ala polo mes de abril o Sr Castiñeira falaba da baixa eficacia do desenvolvemento de ditos plans e agora presume dos que lle concedeu a Xunta, que por certo é a que ten as competencias en emprego, e incluso se permite malgastar os recursos do concello nunha “extraña maniobra partidista” para ir en contra da Deputación polo Plan de emprego para Concellos de mais de 5000 habitantes e que non conten xa con plan da Xunta. De non valer para nada, cando o pediamos os socialistas, a querer sacarllos ós Concellos discriminados pola Xunta”.

“Non menos sorprendente é escoitalo dicir que “moitos dubidaban que o Concello de Foz puidera saír adiante” e de que califique este ano coma “o do pago das débedas”. Parece mentira que se olvide o Sr Castiñeira de que era precisamente el o que á mínima botaba man dese argumento e culpaba e sigue culpando de deslealdade á oposición por non aprobarlle o plan de axuste para acollerse ao plan de pago a provedores. Precisamente ese pago aos provedores se rematou de abonar porque oh!! sorpresa!! a oposición se opuxo a ese plan de axuste que pretendía o PP, co cal, aínda se estaría empezando a pagar, se hipotecaria o futuro do Concello para varios anos e suporía adoptar un durísimo axuste con subidas de impostos e un alto pago de intereses bancarios para todos os veciños e veciñas”.

“E 2014 xa apunta maneiras, di que vai se o ano da construcción do asilo, oxalá, pero moito dubidamos que así sexa cando nos presupostos da Xunta non hai contemplada ningunha partida orzamentaria para dita obra. E aínda apunta mais maneiras cando a primeira proposta que fai o PP para 2014 é, privatizar o porto?, pero esta é outra historia da que xa iremos falando o longo do ano”.

Exit mobile version