Site icon Crónica3.com A Mariña

Otero Regal participou na X Maison & Object de París

FOTO STANDREGAL CERAMICA acaba de participar na décima edición da feria de Maison & Objet de París, na que tivo gran éxito. Tras a boa acollida de pasadas edicións segue mantendo os clientes existentes e facendo outros novos clientes. Nesta ocasión, fixeron pedidos dende Rusia, EEUU (Mimesota), Chipre, Gran Bretaña e Francia. A peza que máis se comercializou nesta feira foi “A Barqueira”, Obra de Autor de Otero Regal, de edición limitada, da que só se fabricarán 100 unidades. En xeral, a maioría dos pedidos foron de pezas de edición limitada e obra artística de Otero Regal. Con estes resultados, Alfonso Otero Regal manifesta que “pensamos seguir participando en edicións consecutivas, se teñen a ben seguir invitándonos Les Ateliers de France, dentro do apartado de Metier d´Art”.

Exit mobile version