Site icon Crónica3.com A Mariña

Paseo da AC Francisco Lanza

paseo-ribadeoA Agrupación Cultural Francisco Lanza organiza un paseo pola zona os primeiros sábados de mes. Camiñadas de dificultade baixa por paisaxes que impresionan como poden ser os da parte lindante de Barreiros e Ribadeo (Meirengos, As Illas, Augas Santas….) Así, o sábado 1 de febreiro partirase do aparcadoiro ás 10.15 horas, por mor da marea que é as 11.15 horas. Agradecen que se aporten varios coches e aconsellan levar “as botas máis vellas que teñamos”, ademais dunha toalla pequena “por se hai que descalzarse e mollarse nalgún tramo”. Ademais, como sempre, haberá que levar auga e comida; a pesar de que se prevé o regreso para as 16.00 horas.

Exit mobile version