Site icon Crónica3.com A Mariña

Pensamento e Sementeira convoca un debate arredor do deporte

O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA inicia este mércores as súas actividades dentro da Programación de Inverno coa proxección, no IES María Sarmiento, do documental A FAZAÑA DA LIBERDADE. Daría comezo ás 20.00 hora cunha presentación por parte do director do documental Seném Outeiro. A entrada é de balde ate completar o aforo da sala.

A seguinte actividade consistiría nun debate ARREDOR DO DEPORTE. Será o sábado, 1 de febreiro, na planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior. O debate daría comezo ás 6 da tarde en el participarían:

-Omar González (Adestrador. Centro Galego de Tecnificación Deportiva)

-Carlos Gueimunde (Concelleiro de Deportes. Viveiro)

-Manuel Otero (Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galiza)

-Francisco Villanueva (presidente da Federación Galega de Triatlón)

-Moderador: Matías Nicieza (Radio Burela).

Exit mobile version