Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeiro Mercado do Souto do ano

Este domingo 12 de xaneiro celébrase no pavillón do CEIP de Cervo a primeira convocatoria do Mercado do Souto deste ano entre as 10.00 e as 14.00 horas. Este mercado organizado polas Asociacións Karrikanta e Airiños do Xunco achegar productores locais, ecolóxicos e de calidade aos veciños e veciñas de xeito quincenal. De feito, para o domingo 26 de xaneiro teñen previsto un mercado especial no que se sortearán cestas con productos dos colaboradores/vendedores habituais. Tamén se celebrará un gran Mercado de Segunda Man, no que tamén colaborarán outras Asociacións da Mariña orientadas a fins sociais e solidarios.

Exit mobile version