Site icon Crónica3.com A Mariña

Quen nós somos

Baldomero Iglesias.- QUEN NÓS SOMOS entendemos que acordar medidas de honra e valor a persoas e institucións estas debesen ser reflexionadas desde os criteiros compartidos e desde as intencións limpas para o que se fan. Tomar decisión e así nomeamentos debese conlevar unhas responsabilidades fondas tanto de aceptación como de non e para iso os argumentos e probas que se usen serano de contrastes e de saber obrigado. De oídas e con apreciacións superficiais, tendenciosas ou baseadas en valoracións de dubidosas valencias, saen resultas perigosas e asemade danan a quen se valora ou trata de significar.

QUEN NÓS SOMOS entendemos pois que desde a súa traxectoria impecable, aloitadora e definitoria da nosa identidade, a do Pobo do Galego, o Profesor e Cantor MIRO CASABELLA desde o seu facer como galego de nación e en especial no ámbito da música e letra de Galicia, constitúe un exemplo de dignidade e de maneira limpa de como construír Cultura e Pobo na Lingua Galega.A súa traxectoria ano a ano, o seu facer continuado na integración e na expansión de nós, o contido limpo do que produce e comunica no seu cantar, materializan un contributo inmedible para nos determinar galegos e galegas. O seu foi (é) aporte de música e letra con contido e formas que aportan cualidade de esencia e identidade ao noso ir colectivo desde os movementos reivindicativos deste Pobo do Galego.

QUEN NÓS SOMOS queremos manifestar a nosa chamada á consideración limpa e compartida no tocante á figura, vida e obra, de MIRO CASABELLA e así ter en conta con serenidade e equilibrio os seus merecementos para os nomeamentos e recoñecementos que procedan.Neste caso o de nomealo FILLO PREDILECTO DE FERREIRA DO VALADOURO.

QUEN NÓS SOMOS somos:

O GRUPO “A QUENLLA”
A.C. XERMOLOS
A IRMANDADE MANUEL MARÍA DA TERRA CHA
A TRIBU FRATERNIDADE
Quintas Canella (Cantor)
Tino Baz (cantor)
Héitor Picallo ( historiador, escritor, ilustrador)
Xosé Vázquez Pintor (escritor)
David Otero (mestre,escritor)
Xosé Valdi (escultor)
Xoán X. Fernández Abella (poeta)
Baldomero Iglesias (cantor, escritor)
Xosé L. Rivas “ Mini” (cantor,escritor).

Manifesto a prol de Miro Casabella.
Baldomero Iglesias “Mero”

Exit mobile version