Site icon Crónica3.com A Mariña

Regalcerámica participa por décimo ano consecutivo na ‘Maison & Object’ de París

SANTD 1Regal Cerámica participa en Maison & Object, mostra dirixida a tendas e galerías especializadas en ‘Obxectos de arte’ que se celebra en París do 24 ó 28 de xaneiro.

Esta é a décima edición consecutiva na que participa sendo nesta ocasión o único artesán galego presente na mostra que, ademais, viaxa a Francia sen o paraugas da Xunta.

Trala boa acollida dos anos pasados, Alfonso Regal decide participar de novo xa que “dende a nosa participación exportamos a Arabia Saudí, Líbano, Dubai, Taiwan, Romanía, Irlanda, Francia, Italia ou os Estados Unidos. Polo tanto, é “unha necesidade obrigada para continuar coa produción do noso obradoiro e manter os postos de traballo do mesmo. Hoxe non se pode quedar quieto esperando que papa estado ou quen seña che vella a solucionar o problema das ventas”.

Pezas únicas
Nesta concentración só expoñen pezas de cerámica artística en gres de alta temperatura, de gran tamaño, destinadas a tendas de obxectos de arte, decoración de interiores e mobiliario. Son unha colección de “pezas únicas” numeradas do 1 ao 10 e firmadas con cores e deseños vangardistas.

Así mesmo, achega, como novidade, un apartado de ‘Obra de Autor’, de Otero Regal.

Exit mobile version