Site icon Crónica3.com A Mariña

Seguen en Burela os preparativos do Antroido 2014 que inclúe actividades o luns 3 de marzo

Burela, 28 de xaneiro de 2014. Seguen os preparativos do Antroido 2014 no Concello de Burela. Este luns celebrouse unha nova xuntanza á que acudiron diversas asociacións e colectivos: a ACIA, O Vencello, O mellor de cada casa, Ledicia, Mulleres en Igualdade, asociación de amas de casa Praia da Marosa, as Encaixeiras, Dambara, a Asociación Española de Lucha contra el Cáncer, os técnicos de medio ambiente do Concello e as ANPAS dos CEIP Vista Alegre e Virxe do Carme.

A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, sinalou que “a falla de pequenos detalles o programa está pechado. Mellórase con respecto ao do ano pasado, xa que inclúe actividades o luns, que é o 3 de marzo”.

Os actos desenvolveranse desde o 27 de febreiro ao 4 de marzo. Unha comisión formada por cinco persoas, incluía a concelleira de Cultura, será a encargada de ultimar e axilizar os asuntos pendentes.

Mónica Pedre e o alcalde, José Mª González Barcia, agradecen “a colaboración de todas as asociacións e colectivos que están a participar na organización do Antroido 2014, xa que sen elas sería moi complicado. Teremos un Antroido digno, que permitirá que a xente de todos os segmentos de poboación, pero sobre todo os nenos e nenas, disfruten desta festa”.

Exit mobile version