Site icon Crónica3.com A Mariña

Superada a recadación da pasada edición na segunda Gala Benéfica de Cáritas Alfoz e O Valadouro

musica-caritasA segunda Gala Benéfica organizada por Cáritas de Alfoz e O Valadouro para recadar fondos para os máis necesitados do Val celebrouse na Casa da Cultura de Alfoz o sábado 18 de xaneiro.

Nesta ocasión a función contou con dúas partes ben diferenciadas. En primeiro lugar os asistentes puideron desfrutar coa música da Festa do Acordeón, na que afamados músicos como Arcadio Mon, José Antonio Río, Hortensio “O Home Orquestra” e Toñito de Rúa fixeron as delicias dos asistentes, que se cansaron de aplaudir e “facer a onda” coas cancións.

A continuación o Grupo Humorístico Trípode presentou o seu “Xuízo anticorrupción”, co que os espectadores riron a gargalladas e “participaron” igualmente do espectáculo.

Asistiron ó evento preto de 140 persoas, abarrotando o aforo da Casa da Cultura. Así mesmo, a representante de Cáritas declarou que “se superou con creces a recadación da edición anterior” ascendendo a 524 euros o recadado este ano.

Exit mobile version