Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Lieiro

O local social de Lieiro (Cervo) acollerá, baixo a organización da Asociación de Veciños, unhas xornadas de teatro os sábados 25 de xaneiro e 1 de febreiro a partir das 19.00 horas en ambos casos. A primeira sesión correrá a cargo do grupo de teatro O Bordelo que representará ‘Os amores dun mariñán’, de Francisco Piñeiro. Do mesmo autor será a peza que representará na segunda sesión teatral o grupo de teatro Ardora, de San Cibrao, baixo a denominación ‘Cando a xustiza é de lei’, dirixida por M. Paz Rodríguez Silva.

Exit mobile version