Site icon Crónica3.com A Mariña

Un recoñecemento moi especial para o CD Burela FS Pescados Rubén: o Trofeo Fair Play do CNFS

O domingo pasado a familia laranxa abriu de novo a súa prezada vitrina para depositar un recoñecemento moi especial. A Real Federación Española, a través do presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, Antonio Escribano, quixo loar a implicación e dedicación de José Luis Sáez, vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén e vogal do Comité Galego de Fútbol Sala, con este deporte outorgándolle o Trofeo Fair Play do CNFS coincidindo co desenlace do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub-17 en Burela (22-26 de xaneiro).

O vicepresidente da entidade burelista recibiu con emoción a devandita distinción de mans do presidente do Subcomité de Campionatos de España da RFEF, Gonzalo de Azkárate-Gaztelu y Suárez. “Este é un recoñecemento á traxectoria do club, á súa aposta pola deportividade e pola organización de eventos deportivos a nivel nacional. É un premio que debo a todos os profesionais desta gran familia que día tras día fan posible que a ilusión e o espectáculo do mellor fútbol sala de España asolague a comarca da Mariña cada fin de semana” explicaba José Luis Sáez.

FOTO: (De esquerda a dereita) Rubén Blanco, fundador de Pescados Rubén SL; Gonzalo de Azkárate Gaztelu, presidente do Subcomité de Campionatos de España; José María González Barcia, alcalde de Burela; José Luis Sáez, vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén; Antonio Escribano, presidente do CNFS; Manuel Otero, xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo; Manuel Fernández, tenente de alcalde de Burela; Manuel Blanco, presidente do CD Burela FS Pescados Rubén; Luciano Herrero, presidente do CNFS da Federación de Murcia.

Exit mobile version