Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz pide unha partida suficiente da Xunta para axudar a conservar as construcións singulares do rural

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal, piden que “a Corporación Municipal acorde instar a Xunta de Galicia para dotar a partida correspondente as axudas para as construcións singulares do medio rural con recursos suficientes para axudar e estimular os propietarios para a conservación dos mesmos”.

Dende Unifoz consideran que “algunhas das construcións singulares do noso medio rural como os cabazos, pozos ,muiños… están sufrindo un deterioro importante, por falta de políticas de estimulo a súa conservación”.

Como cren que as mencionadas construcións son “elementos característicos do noso medio rural, e por conseguinte, elementos etnográficos que non debiamos de perder e que necesitan de obras de conservación”, presentan esta proposta de acordo que agardan sexa aprobada polo Pleno e se lle dea traslado ao Parlamento de Galicia.

Exit mobile version