Site icon Crónica3.com A Mariña

Veiga recibiu ó CB Ribadeo no Pazo dos Deportes

Visita do Club de Baloncesto de Ribadeo ao BreogánO vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel da área de Deporte e presidente do CB Breogán, o nacionalista Antonio Veiga, recibiu aos xogadores de todas as categorías do Club de Baloncesto de Ribadeo, durante a súa visita ao encontro disputado entre o Breogán e o River Andorra, que tivo lugar esta fin de semana. Os xogadores que visitaron o Pazo Provincial dos Deportes convidados polo club lucense, non só disfrutaron do partido senón que tamén tiveron ocasión de charlar cos xogadores do Breogán e fotografarse con eles, así como xogar na cancha do Pazo nos descansos do partido. O Club de Baloncesto de Ribadeo é un claro exemplo de promoción do deporte de base, unha das principais liñas de traballo da área de Deporte da Deputación de Lugo, xunto co desenvolvemento deportivo en todas as comarcas da provincia.

Exit mobile version