Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria para Jose Vigo que se coloca terceiro na Liga Sénior Masculina de Bolos de Xove

Nunha tarde moi fria con fortes choivas, que fixo dura a tirada, sobretodo para categoría feminina que realizou uns tanteos moi baixos, desenvolveuse a tirada do Centro Social de Monte da Liga de Bolos de Xove.

Liga Sénior Masculina
Excelente tirada do mozo Jose Vigo, que lle permite pasar da 6ª á terceira posición con 67 puntos, relegando ao seu pai Arturo Vigo á cuarta praza. Líder, unha semana máis Alex Meitín con 99 puntos, pero que ve reducida a súa vantaxe con respecto a José Rafael en 3 puntos. 15 puntos separan aos dous primeiros na clasificación, e a falla de 6 tiradas e cun máximo de 78 puntos por disputar, pode pasar de todo.

Está claro que Rafa vai presionar a fondo nas tiradas restantes; pero aínda así, vemos un líder moi sólido e, sobretodo, regular. Para a terceira posición temos un numeroso grupo encabezado por Jose Vigo, seguido de Arturo Vigo e Sócrates Campo con 63 puntos, Francisco Pérz con 63, e xa máis alonxados pero aínda con posibilidades, José Manuel Cociña con 47, Moisés Rodríguez con 42…

Liga Sénior Feminina
Nova victoria (8ª na temporada) de Belén Meitín, que con 65 puntos podémola considerar virtual vencedora desta categoría, non só polos puntos que lle leva á segunda, 28 a Dolores Baño, senón polo xogo que está desplegando cunha superioridade incontestable sobre as restantes participantes.

A falla de 42 puntos máximo por disputar, unha vantaxe de 28 parécenos practicamente imposible de superar. Polo tanto, a pelexa nesta categoría vai estar centrada nos dous postos de honra restantes; para o segundo e terceiro posto temos a Dolores Baño con 37 puntos, Paula Campo con 34 e veterana Salomé Bermúdez con 30. Entre este trío vai estar a pelexa real de aquí ó remate da temporada.

Liga Sub 18
Excelente vitoria de Miguel López, que lle permite pasar da 5ª á 4ª posición, relevando neste posto a Daniel Alonso. A vitoria permítelle tamén a Miguel achegarse a postos de honra, xa que con 34 puntos está a 4 de Isaías (4º con 38), a 8 de Salomé (2º con 42) e a 14 do líder Daniel López que ten 48. Das tres categorías, seguramente é esta a que está máis aberta, e onde a clasificación final presenta unha maior incertidume, dándolle máis emoción ó campionato.

A vindeira tirada vai ter lugar no Campo Municipal de Fútbol de Xove o sábado 25 de xaneiro.

 

CAMPIONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE  MONTE (19 XANEIRO 2014) 

  33  INSCRITOS:  15 NA LIGA SENIOR,   10   NA LIGA SUB 18   E    8   NA LIGA FEMININA

CLASIFICACION                       NOME TANTOS

PUNTOS

LIGA SENIOR

PRIMEIRO JOSE VIGO LAGE

284

12

SEGUNDO JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ

251

10

TERCEIRO FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ

235

8

CUARTO ALEX MEITÍN SERANTES

218

7

QUINTO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ

208

6

SEXTO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ

208

5

SÉTIMO ARTURO VIGO CASABELLA

204

4

OITAVO CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO

201

3

NOVENO JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA

188

2

DÉCIMO ADÁN RODRÍGUEZ ROCA

184

1

MELLOR BOLADA JOSE VIGO LAGE

83

1

LIGA SUB 18

PRMEIRO MIGUEL LÓPEZ FORMOSO

169

6

SEGUNDO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ

156

4

TERCEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

125

3

CUARTO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ

105

2

QUINTO LAURA IGLESIAS MARIÑO

85

1

MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ

55

1

LIGA FEMININA

PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO

89

6

SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ

46

4

TERCEIRO SALOMÉ BERMÚDEZ BEN

46

3

CUARTO PAULA CAMPO SUÁREZ

28

2

QUINTO DOLORES BAÑO FRAGA

21

1

MELLOR BOLADA BELÉN MEITÍN ROUCO

44

1

Exit mobile version