Site icon Crónica3.com A Mariña

A ANPA do CEIP O Cantel de Foz denuncia “atrancos inxustificados” para implantar a xornada única no centro

O Consello escolar do CEIP “O Cantel” de Foz denuncia “os atrancos inxustificados que a Consellería de Educación está poñendo á solicitude para implantar a xornada única neste centro”.

A solicitude de xornada única ven determinada para favorecer que diante da suba dos costes do comedor provocado pola implantación do decreto de comedores, as familias que non queiran deixar a comer aos nenos no centro, poidan levalos para a casa unha vez rematada a xornada lectiva.

“Tendo en conta que, tal e como se propón implantar a xornada única, non supón varición algunha no horario do transporte, non entendemos por qué o Servizo de Transporte da Consellería denega a autorización para poder cotinuar co proceso, cando ésta cumpre cos requisitos da orde do 29 de maio de 2008”, afirma o presidente da ANPA do CEIP “O Cantel” e representante dos pais no Consello Escolar do centro.

“A propia resposta da Consellería recoñece que a implantación da xornada continuada sería viable, pero erra de forma inesplicábel ó asumir por sistema que pode haber un incremento de costes, cando non é certo pois o horario do transporte permanecería invariábel”, explica Xosé Lois Moreda.

Tendo en conta que o devandito informe favorábel de transportes é indispensábel para continuar co proceso, e que éste ten que facerse neste curso para que entre en vigor no seguinte, “os atrancos da Consellería están a facer que os prazos para rematalo se nos faigan imposibeis de acadar”. Hai, así mesmo, outros centros da Mariña ó que tamén se lles rexeitou a solicitude da xornada única.

Finalmente, dende a ANPA salientan que “diante desta actuación da Consellería, o CEIP “O Cantel” ven de plantexar un recurso de reposición na Consellería de Educación para defender os dereitos das familias a implantar a xornada única no seu centro educativo”.

Exit mobile version