Un ano mais poñemos á venda os nosos “centros solidarios” para o que contamos de novo coa inestimable axuda e colaboración da Floristería Alecrín de Burela. Os centros realizados de maneira totalmente artesanal nos nosos talleres, representan o esforzo, mimo e tesón posto polos nosos usuarios en todas as labores que realizan. Así mesmo, e co gallo tamén de celebrar esta data, os usuarios pertencentes aos tres dispositivos están a realizar con entusiasmo e interese, as súas obras para participar en varios certames literarios que conmemoran o Día dos Namorados.
Dende a Asociación conseguimos con estas actividades aumentar a presencia do noso colectivo na sociedade e polo tanto a súa integración, e dar un paso máis na normalización das enfermidades mentais e na ruptura dos prexuízos e barreiras aínda existentes, aumentando finalmente a calidade de vida dos nosos usuarios, fin fundamental da nosa labor.