Site icon Crónica3.com A Mariña

A candidatura á co-coordinación paritaria de Espazo Ecosocialista presenta os eixos da súa liña política

O candidato á Coordinador Nacional, Xoán Hermida, e a candidata á Coordinadora Nacional, Modesta Regueira, presentan os eixos da súa liña política en Rolda de Prensa.

Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, esta en pleno proceso asembleario ( celebrará a súa II Asemblea Nacional o 22 de febreiro en Santiago de Compostela dous anos despois do seu nacemento).

Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.

Este venres de semana rematou o prazo de presentacións de candidaturas para o Consello Aberto Nacional e para a Coordinación Nacional. Tanto o Consello Aberto Nacional (CEN), maximo organo político entre asembleas como a coordinación nacional serán paritarias. Ao posto da Coordinación paritaria so se presentaron Xoán Hermida e Modesta Regueira. Espazo será o primeiro partido galego que terá un liderado compartido.

Exit mobile version